Resultados

37 atletas galegos e galegas toman parte no nacional Sub23

Un total de 37 galegos e galegas ( 21 mulleres e 16 homes) tomarán parte durante esta fin de semana no Campionato de España Sub23 que se vai desenvolver no Complexo Deportivo Ruth Beitia de Santander.

Entre a relación de atletas participantes destaca a presenza da internacional e campioa de España Sub23 de pista cuberta Eva Queimaño do Super Amara Bat quen intentará reeditar o título logrado en Motril.

Xunto á atleta viguesa estará na capital cántabra o tamén internacional El Medhi El Nabaoui cuxo segundo mellor rexistro na proba dos 5.000 m. convérteno en serio aspirante ao podio.

Os subcampinóns de España Sub23 do ano pasado Jacobo Soler do Grupompleo Pamplona e Elian Numa do Coruña Comarca serán outros dos atletas importantes que estarán tomando parte nas probas dos 400 m. e dos 800 m. respectivamente e cuxos rexcistros de 47.45 e de 1:49.12 colócannos nos postos de medallas.

Nos lanzamentos contaremos ca presenza da martelista internacional do Valencia Atletismo Irene Gómez quen estrea categoría logo de proclamarse o ano pasado Campioa de España Sub20.

Especial atención a Uxia Sureda do Lucus quen acude ca segunda mellor marca das participantes no concurso de xavelina con 42.24 m. así como Miguel Angel Granado do Celta, cuarta mellor marca no disco de 47.15 m. Xunto a eles estarán na loita polos postos importantes no foso de área Raul Cortizo da Gimnástica en lonxitude e Diego Míguez do C.A.Sada en triplo; María Cedrón do ADAS CUPA nos 1.500 m.; Andrea Villaverde da Gimnástica no concurso de altura e Iria Iglesias do Ría Ferrol nos 5.000 marcha

De igual modo importante presenza de atletas finalistas que repiten do nacional do ano pasado en Nerja e cuxos obxectivos, entre outros, será o de intentar melloralos:  Yago Araujo do Celta no martelo; Marcos Bouza do Fent cami Misata no disco;  Raquel Meaños do Valencia Atletismo e María Carballido do Atletismo Friol nos 800 m.;  Olaia Guisela Becerril do Playas de Castellón na lonxitude e Uxía Paz do A.F.Celta en Triplo.

No Campionato, que tamén acolle o nacional de relevos Sub23, estará tomando parte no 4×100 feminino o conxunto da Gimnástica de Pontevedra

 

Compartir: