Como de excelentes e tremendamente esperanzadores podemos calificar a actuación das nosas tres representantes no Campionato de Europa Sub18 que se está a desenvolver estes días na cidade de Jersulén.
Ata esta cita acudían ca selección española, Blanca Pereira, Ainhoa Repáraz e Xela Martínez na procura de continuar ca extraordinaria tempada levada a cabo nas súas distintas modalidades e que as fixo merecedoras de estar tomando parte neste importante campionato continental
Ainhoa Repáraz
A revelación da velocidade galega acudía a esta cita logo de conseguir recentemente o Campionato de España Sub18 dos 100 m. e de lograr os récords de Galicia tanto nos 100 m. como nos 200 m.
Logo do seu debut ca selección nacional no encontro de relevos España-Portugal do pasado día 25 de maio, a do Val Miñor amosábase nun momento excepcional de forma que refrendaba xa nas series clasificatorias nas que lograba a primeira posición e o extraordinario rexistro de 11.53 que representa nada menos que un novo récord galego absoluto e unha das mallores marcas europeas Sub18 de sempre.
Con esas credenciais tomaba parte nas semifinais nas que volvía a establecer un marcón con 11.58 malia que desta vez cun vento superior de +3,1 e que precederon a unha final onde a piques estivo de lograr o metal de bronce logo de rematar cun rexistro oficial de 11.61 a tan só tres centésimas do metal.
Xela Martínez
Xela Martínez viña nada menos que co título e co récord de España na proba dos 2.000 m. obstáculos de 6:30.31 logrados o pasado día 18 de xuño en Xerez. A xoven e prometedora corredora da Atlética Lucense, tamaba parte este inverno nos Campionatos Mundiais de Campo a Través Escolares da ISF, polo que esta cita representaba para ela un novo encontro internacional
Sobre o sintético da ¨cidade santa¨ tomaba parte na primeira semifinal o día 4 de xuño que lle darían o pase para a final cun tempo de 6:54.36. Dous días despois e xa na mesma, lograba unha novena posición cun rexistro oficial de 6:57.65 logo dunha carreira moi valente na que a temperatura e a adaptación a un clima tan distinto ao noso fixo que non poidera competir como en ela é habitual.
Blanca Pereira
Pola súa banda a talentosa lanzadora de martelo do Ourense Atletismo que viña de lograr o campionato nacional de lanzamentos longos no mes de abril en Cáceres con 63.24 m. e recentemente o subcampionato de España Sub18 con 61,41 m. acudía ca ilusión e as gañas de tomar parte por segunda vez ca selección nacional.
Na capital xudea, lanzaba na serie clasificatoria ata os 61.89 m. que a deixaban nun cuarto lugar con acceso directo a disputar toda unha final ao lado das mellores especialistas europeas. Xa na mesma, e lastrada sen dúbidas polos seus dous primeiros lanzamentos nulos, lanzaba ata os 57.89 m. que a deixaban sen mellora pero ca sensación de poder facer moito máis. En calquer caso excelente competición que a sitúan na elite europea do concurso de martelo.
Xuices internacionais galegos
Tamén salientamos a presenza e actuación do Xuiz internacional, designado pola European Athletics, Guillermo Sandino