Resultados

Seis medallas, un récord de España e dez finalistas nun gran nacional Sub18

Como anunciabamos en datas previas tanto Xela Martínez como Ainhoa Repáraz convertíronse nas protagonistas do Campionato de España Sub18 que se levou a cabo na localidade andaluza de Jeréz de la Frontera durante esta fin de semana.

No caso da lucense, esgótanse os calificativos para definir o talento que posúe esta formidable atleta que da man do seu adestrador Noni Piñeiro lograba o seu sexto récord nacional para asombro de toda a comunidade atlética. Desta ocasión era o récord de España Sub18 dos 2.000 obstáculos o que pulverizaba por algo menos de…¡catorce segundos! o que pon de manifesto as súas enormes cualidades que a están a convertir nun auténtico gran valor de futuro.

No caso de Ainhoa Repáraz, un gran paso máis para confirmar a excelente tempada que a levaban a lograr os récords galegos de 100 m. e 200 m. Sub20 e Sub23 e debutar ca selección nacional. En Jeréz lograba o título nacional na proba dos 100 m. con 11.96 que a colocan na senda da internacionalidade na modalidade.

Xunto elas non menos destacado foi campionato desenvolto pola atleta do Celta Carlota Salgado que no concurso de combinadas, sumaba un total de 4.779 puntos conseguindo un novo subcampionato nacional que suma ao logrado no de pista cuberta. De igual modo, importante actuación da marchadora da Atlética Lucense Aldara Meilán logrando a medalla de bronce cun bo rexistro de 23:32.62 nos 5.000 marcha e repetindo posición con relación ao nacional de ruta de inverno.

Continuando cas medallas, a atleta do Ourense Atletismo Blanca Pereira confirmaba a súa gran progresión lanzando no concurso de martelo ata os 61.41 m. que lle daban acceso á medalla de prata do campionato nacional. Con ela continúa fortalecéndose o importante sector de lanzamentos para o noso atletismo.

Na categoría masculina excelente campionato do barbanzán Fabian Vidal logrando con 48.11 todo un triunfo ao conseguir a medalla de bronce sobre a proba dos 400 m. non sin antes mellorar a súa marca personal en ¡89 centésimas!  o que lle permiten entrar pola porta grande na elite galega dos 400 m. xunto a Juncal e Soler.

Foron destacadas tamén as posicións de finalistas logradas por:

  • Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense 4ª en altura con 1.70 m.
  • Lisa Vosberg do A.F. Celta 4ª en pértega con 3.55 m.
  • Pablo Sánchez da Atlética Lucense 4º nos 10.000 marcha con 46:16.74
  • Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá 4º en peso con 15.65 m.;
  • Iván Rego do Lucus Caixa Rural 6º nos 1.500 con 4:02.38,
  • África Gómez do Ourense Atletismo 7ª nos 200 m. con 25.71;
  • Leila Villar do Ourense Atletismo 7ª nos 3.000 m. con 10:57.15
  • Sara Guedes da Atlética Lucense 7ª nos 2.000 obs. con 7:12.49
  • Alicia Barreiro do Ría Ferrol 8º nos 400 m. con 57.54
  • Daniel Cariñena do Millaraio 8º na lonxitude con 6.66 m.

Compartir: