Novamente o escenario dos Cantones foi punto de encontro da mellor marcha mundial.
O Gran Premio Cantones de Marcha Atlética Trofeo Sergio Vázquez achegábase á súa trixésimo quinta edición na que novamente a máis selecta e importante marcha dábase cita.
Como todos os anos, contouse cun destacado nivel cuxa cabeza de cartel foron os subcampións olímpicos, Sandra Areas de Colombia e Evan Dunfee de Canadá
A gran cita da marcha mundial, daba comezo ca saída das categorías base que tomaron parte no Memorial Josefina Romero e que nun número importante, tomaron as rúas de Cantóns.
35 paises en representación dos cinco continentes
Baixo unhas altas temperaturas para as datas actuais, un total de 68 marchadoras daban comezo a súa proba dos 20 km. ás 17:00 horas. Desde xa os primeiros kilómetros, formábase un grupo de cabeza na que a chinesa Shijie Quieyang marcaba o ritmo dunha proba que acabaría gañando logo de invertir un crono de 1h.20.50. A peruana Kimberly García quen aguantou moi ben a chinesa ata practicamente a metade da proba, chegaba no segundo lugar con 1h.28.38 sendo a española, cuarta clasificada en Tokio-22 María Pérez, terceira na línea de meta con rexistro de 1h.29.33 .
Na categoría masculina interesantísima disputa a presenciada por parte dos dous máis en forma marchadores españois nestes momentos. Por un lado Diego García gañador na edición do ano pasado e polo otro Álvaro Martín vencedor na do 2017. Entre os dous marchadores protagonizaron uns últimos kilómetros de proba moi disputados onde estiveron acompañados polo brasileiro Caio Bonfin quen finalmente subiría ao podio por vez primeira logo de varias participacións en Cantones.
No que respecta ao primeiro posto, foi logrado finalmente por Alvaro Martín repetindo prácticamente o mesmo rexistro que o conseguido no ano 2017 de 1h.19:58. Diego García quen foi amonestado por dúas duas veces prácticamente no mesmo kilometro, entraba no segundo posto con tempo oficial de 1h.20:00.
Entre as dúas probas, programouse unha proba de 10 km. cuxos gañadores foron na categoría femenina Karla Ximena Serrano cun tempo de 47:22 e por parte masculina Diego Giampaolo de Italia con 43.46
Presencia de Sergio Vázquez
Sergio Vázquez alma máter e creador desta importante proba, estivo presente no circuito. Malia a súa avanzada idade acudiu á proba, acompañado pola súa esposa e filla, onde estivo recibindo as mostras de cariño de numerosísimos marchadores e público en xeral.
Foto de Manu Boutureira