Resultados

A marcha mundial comeza a chegar a Cantóns

Practicamente todo a punto para que o vindeiro día 28 de maio as rúas coruñesas de Os Cantóns reciban a elite mundial da marcha en ruta no que será a trixésimo quinta edición do G.P. Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez.

O máis importante evento da marcha a nivel mundial, despois dos Xogos Olímpicos, volve cunha importante participación e presenza dos e das mellores atletas do momento nun ano na que dúas importantes citas marcarán á axenda competitiva.

Por unha banda a mediados do mes de xullo disputarase o Campionato do mundo na cidade norteamericana de Eugene para dar paso, prácticamente un mes máis tarde, a celebración do Campionato de Europa na cidade suiza de Zurich. Estas dúas citas están facendo que Cantóns vaia ser determinante na selección dos distintos marchadores e marchadoras que formarán parte das súas respectivas seleccións o que favorecerá que se presencie unha edición ao máis alto nivel competitivo.

Presenza de marchadores na cidade

Como é habitual a medida que se achega a data da proba, son moitos os paises que aproveitan para adiantar a súa viaxe e adestrar no magnífico paseo marítimo coruñés que xunto as condicións climatolóxicas, o converten nun lugar moi apreciado e valorado na planificación dos distintos adestramentos.

Este ano os máis madrugadores son os marchadores e marchadoras dos países de Guatemala e a India a cuxos integrantes xa podemos ver adestrar pola cidade herculina.

Ausencia de marchadores rusos e presencia de ucraínas

Desde o ano 2011 onde as probas foron gañadas en ambas categorías polos marchadores rusos Valerey Borchin en homes e Olga Kaniskina en mulleres, ningún atleta dese país volveu pasar por Cantóns baixo a súa bandeira debido ás distintas sancións aplicadas pola World Athletics. Malia elo, o máximo organismo mundial do atletismo autoriza a presenza dalgúns deportistas baixo as siglas ANA (atletas autorizados) fórmula que os permitiu pasar por A Coruña como foi o caso Vasily Mizinov 4º clasificado masculino no 2019.

Pola súa contra as marchadoras ucraínas estarán participando unha vez máis na cidade galega baixo a representación nesta edición de Inna Loseva, quen tomará parte na proba dos 20K.

Compartir: