No día de onte chegábanos a triste noticia do falecemento de Alfonso Posada Sánchez considerado unha das persoas máis importantes e emblemáticas do atletismo galego, e de maneira en especial, do atletismo vigués do último médio século.
Nado en Vigo no ano 1931, a súa figura sempre estivo de maneira moi directa unida ao atletismo a través de múltiples cometidos, tarefas, responsabilidades e funcións.
Afección moi prematura
Toda comezaba na súa época de estudante no colexio dos Jesuitas de Vigo, cando a idade de catorce anos e da man dun dos mestres, descubría un deporte que pouco a pouco foi convertindo nun dos eixos importantes da súa vida.
Seducido xa polo deporte rei, con só dazaseis anos foi Secretario da Federación Galega que se atopaba en Vigo, acudindo en varias ocasións como Delegado ao fronte de varios equipos participantes en campionatos de España.
Un ano máis tarde comezaba a súa fugaz etapa como atleta en activo que tería que deixar prematuramente por mor dunha lesión, sendo a partir de 1950 cando daba comezo o seu gran legado que non foi outro que o de asumir por máis de 65 anos as funcións de Delegado da Sección de Atletismo do Real Club Celta quen el mesmo fundaba.
Durante ese período tamén tivo tempo de exercer durante catro anos como adestrador, pasando polas súas mans atletas míticos para o noso deporte como Carlos Pérez ou Javier Álvarez Salgado entre outros.
Outra faceta non menor que tamén abordou, foi a de escribir para varios medios como o Faro de Vigo e o boletín de Atletismo Español que recollían nas súas páxinas a maxistral narrativa dun home que disfrutaba do que facía.
Hoxe todos e todas estamos un pouco máis orfos por esta gran ausencia, cuxo gran legado forma parte xa da Historia imperecedera do noso deporte.
Ata sempre Alfonso!
Foto.Faro de Vigo