Convocada a Selección Galega de Trail Running

A proposta do Responsable de Trail Running e do Director Técnico da Federación Galega de Atletismo, no día de onte facíase pública a lista oficial de atletas convocadas e convocados para integrar a Selección Galega que tomará parte no Campionato de España da modalidade a disputarse na localidade catalana de Berga o vindeiro día 7 de maio.

A lista está composta por un total de doce atletas, seis de cada categoría, dos cales os tres primeiros lograban  a súa selección de maneira directa no pasado Campionato de Galicia de Trail desenvolto na Serra de Barbanza. Lembramos que no mesmo resultarían gañadores Daniel Paz e  Verónica Calvo, atleta esta última quen por motivos laboráis non vai poder liderar o equipo femenino correspondendolle tal responsabilidade á subcampioa galega Carla Trillo.

Cabe lembrar que a Selección Galega de Trail debuta neste Campionato de relativa recente creación, xa que con esta serán catro as edicións disputadas ata o momento. Ao longo das mesmas a Selección absoluta de Cataluña con catro títulos, sitúase ao fronte do palmarés seguida das Seleccións de Valencia e País Vasco, cun título.

O obxectivo pasa por continuar medrando

O obxectivo da Selección no seu debut non é outro que o de representar a unha modalida atlética en importante incremento na nosa comunidade grazas en parte, ás excelentes condicións xeográficas e orográficas cas que contamos, como ao gran número de afeccioados e afeccioadas que buscan ademáis de deporte e novos retos, unha contorna e un espazo natural diferente e motivador.

Con esta nova aposta federativa, a Selección Galega de Trail Running, xúntase á Selección Galega de Campo a Través, Selección Galega de Aire Libre, Selección Galega de Marcha, Selección Galega de probas Combinadas e  Selección Galega Escolar que representan áo atletismo federado galego nos diferentes compromisos estatais.

Compartir: