Atletismo Feminino Celta en mulleres e Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes, pelexarán este sábado a partir das 10.30 horas nas pistas ourensás de Monterrei para revalidar os títulos logrados o ano pasado no Campionato Xunta de Galicia de Clubs que se achega a súa trixésimo terceira edición.
Frente eles estarán competindo con iguais pretensións rivais de moita entidade entre os que destacan o Real Club Celta e Atletismo Santiago na categoría masculina así como o Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica e Ourense Atletismo na categoría femenina os cales veñen ocupando importantes postos de podio nas últimas edicións.
Esta cita pasa por ser unha das máis atractivas de todas cantas se disputan no calendario oficial autonómico, xa que o seu formato de competición de un só atleta por club en cada proba, fai que a emoción esté garantida ata prácticamente o final.
Ría Ferrol e Gimnástica de Pontevedra, os máis laureados
Neste total de trinta e dúas edicións disputadas, tan só cinco clubs foron quen de facerse con alguna edición destacando os catorce títulos do Ria Ferrol na categoría femenina e os trece do Real Club Celta na masculina. A maiores acompañan ás ferrolás o Atletismo Femenino Celta con oito títulos, Sociedad Gimnástica con catro, CUA de Santiago con tres e Ourense Atletismo con dúas
No tocante ós homes o CUA Santiago con oito títulos, Sociedad Gimástica de Pontevedra con sete e Ourense Atletismo con catro seguen o ronsel dos vigueses no histórico de títulos
Posta a punto dos equipos
Con esta interesante cita da comezo de maneira oficial a tempada dos encontros de liga, na que lembramos que a Sociedad Gimnástica e o Ría Ferrol, loitarán un ano máis pola súa permanencia na máxima categoría do atletismo español. Así mesmo, e sen esquecernos da Primeira División, serán o Celta en homes e a Gimnástica de Pontevedra e Atletismo Femenino Celta en mulleres quenes intentarán primeiro afianzar e despois loitar por un ascenso que colocaría a máis de dous equipos galegos na éltite nacional.
- Equipos famininos participantes: Ría Ferrol, Sociedad Gimnástica, Atletismo Femenino Celta, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, ADAS Cupa, C.A.Narón e C.A.Sada.
- Equipos Masculinos: Sociedad Gimnástica, Real Club Celta, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, C.A.Narón, Marineda Atlético, C.A.Sada e C.A.Santiago.
Foto de portada: Ollodexan