Resultados

Aprobadas novas medidas que flexibilizan as restricións COVID

A Xunta de Galicia acaba de aprobar e dar luz verde a actualización presentada pola Federación Galega de Atletismo do seu Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO no que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado Autonómico.

Na mesma contémplase unha serie de medidas polas cales os participantes deben coñecer e asumir o risco inherente á práctica deportiva en canto a un posible contaxio e iso aínda cando as organizacións adopten toda unha serie de medidas para que isto non se produza.

Nalgúns casos a adopción de tales medidas por parte das organizacións deportivas, poderá alterar ou modificar a dinámica habitual de desenvolvemento das competicións.

No mesmo documento faise fincapé nunha serie de consideracións especiais entre as que se atopan ¨A exclusión da obrigatoriedade do uso da máscara ao aire libre coa salvedade do previsto a continuación en eventos multitudinarios. A máscara será obrigatoria en espazos pechados para persoas de 6 anos ou de maior idade¨

Nas competicións en pista, elimínase calquer restrición COVID en canto a número de participantes por proba, que deberán cumprir a normativa de competición da FGA para a tempada. De igual modo elimínase (para a participación e para a entrega do dorsal) a necesidade de amosar calquera documento vencellado ao COVID-19 agás en competicións en interior.

No que atinxe Carreiras en ruta, campo a través ou trail quedan pendentes de valoración pola SXD da Xunta

Por último no citado documento aprobado, sinala que ¨A organización deberá considerar en todo momento a normativa vixente en cada territorio en canto ao aforo de uso máximo permitido por instalación para a práctica deportiva e o aforo para espectadores¨ sendo de igual a organización ¨… responsable en todo momento de velar polo cumprimento do Protocolo da Federación Galega de Atletismo para a práctica do Atletismo – FisicovidDXT Galego¨

 

Compartir: