Resultados

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da FGA 2021

De acordo co que determinan os Estatutos da Federación Galega de Atletismo, por orde do presidente da FGA convócase á Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente á tempada 2021 (aprazada por permiso outorgado pola Xunta de Galicia) no salón de actos da EGAP en Compostela o sábado 26 de marzo ás 16.30 en primeira convocatoria e ás 17.00 en segunda.

A orde do día será a seguinte:

  1. Saúdo e benvida do Presidente da FGA.
  • Lista de compoñentes.
  • Designación de dous delegados escrutadores.
  1. Informe do Presidente da FGA.
  2. Informe do Comité Galego de Xuíces da FGA.
  3. Aprobación, se procede, da Acta da Asemblea Xeral anterior.
  4. Estudo e aprobación, se procede, do Calendario de Competicións e normas técnicas da tempada 2022.
  5. Aprobación, se procede, da liquidación definitiva do ano 2020.
  6. Aprobación, se procede, da liquidación provisional do ano 2021.
  7. Ratificación, se procede, da normativa de licenzas 2022 aprobada pola Comisión Delegada da Asemblea Xeral.
  8. Aprobación, se procede, do proxecto de orzamento para o ano 2022.
  9. Estudo e debate das propostas presentadas polos/as asembleístas e Órganos de Goberno da FGA.
  10. Rogos e cuestións dos membros da Asemblea

Compartir: