O Atletismo Galego a deixarse notar no nacional Sub20

Novamente un importante número de atletas galegas e galegos viaxan esta fin de semana ata Antequera para tomar parte no Campionato Nacional de pista cuberta Sub20. 

Son un total de doce na categoría feminina e de dazanove na masculina quenes figuran inscritas provisionalmente nesa relación oficial da RFEA composta por un total de 475 deportistas achedadas de practicamente toda a totalidade do Estado.

Entre a expedición galega contamos con importantes bazas como a dos nosos e nosas catrocentistas presentes nas figuras tanto de María Fernández como de Jorge Román Leiros, terceira e cuarto mellor rexistro respectivamente dos participantes. De igual modo moita atención a outra importante distancia como é a dos 1.500 m. na que estaremos representados polos debutantes nesta categoría Hugo García do Celta e Iker González da Atlética Lucense

Sen deixar de lado as distancias de fondo, veremos o que son capaces de facer os subcampións de Galicia absolutos dos 3.000 m. Antía Castro do Ourense Atletismo e o lucense Antón Domínguez e que estarán acompañados polo céltico Mateo Rodríguez.

Hugo Vázquez do Marineda, en excelente estado de forma que o levaron a facer a mellor marca nacional sobre os 50 valos recentemente,ten calidade para estar na loita directa polo título nacional, sen esquecernos de David Vicente cuxas aspiracións pasan por acadar un posto importante na finalísima.

Nos lanzamentos destacada presenza tanto de Samuel Lema do Negreira como da subcampioa nacional Sub18 do ano pasado Xiana Lago do Ría Ferrol os cales acreditan a segunda mellor marca dos inscritos no concurso de peso.

No foso de area, máxima atención ao excelente estado de forma de Alba Cuns que a fixo estar nada menos que na pelexa polos metais do pasado nacional absoluto no concurso de triplo.

Haberá que agardar en que estado se atopa outra das importantes triplistas do noso atletismo Diaou Diallo do Ria Ferrol despois de que unha inoportuna lesión estéalle impedindo acadar o seu máximo nivel

O sector de combinadas en contínua evolución, envía a Antequera a catro atletas a cuxa cabeza se atopa a campioa galega absoluta Lucía Sánchez del Valle da At.Lucense, quen o ano pasado lograba o subcampionato nacional Sub18 de Barcelona. Nos homes contamos co podio ao completo do galego da categoría e na que imos ter oportunidade de ver novamente en acción a Aitor Fernández do Atletismo Narón, Mateo Aller do C.A.Santiado e de Nicolás Arias do UCAM Cartagena.

Para rematar, non deixamos pasar por alto o bo momento tanto de Roi Martínez do Celta sobre os 200 m. como a do sadense Tomás López sobre o concurso de pértega e quenes tamén estarán compitindo.

   

Compartir: