Resultados

As mellores atletas Sub16 cítanse en Expourense

Un total de 466 atletas serán quenes tomen parte durante esta fin de semana no Campionato de Galicia Sub16 individual e de probas combinadas que terán a pista cuberta de Expourense como escenario de competición.

Entre a relación de inscritas e inscritos contamos con varios atletas que figuran no top do ranking nacional Sub16, entre os que se atopa o plusmarquista gelego Daniel Salgueiro do Coruña Comarca que ven de correr os 600 m. cun excelente rexistro de 1:26.24.

Nos 1.000 Asheber Díaz do AVA, ante a ausencia de Teo de Frutos, asumirá o papel de favorito nesta proba do quilómetro. Alex Sierpes do Trega centrará tamén toda a atención na proba dos 3.000 m. o mesmo que Leo Rodríguez do Samertolameu nos valos. Sobre a colchoneta de pértega estarán os importantes atletas Martín Santos do Atletismo Sada e Marina Artemia Pérez da Gimnástica de Pontevedra.

Xa no apartado de concursos, atención no círculo de peso a Gema Dacosta do Vila de Cangas quen acredita uns importantes 12.42 m. que a convertin na clara favorita.

Para rematar no Campionato de combinadas, que se desenvolve conxuntamente ao individual Sub16, Celia Fernández Bouza do Riazor Coruña e Nicolás Quiñones da Sociedad Gimnástica posiciónanse con certa vantaxe para lograr o título autonómico desta modalidade.

Compartir: