Esta fin de semana terá lugar na pista cuberta de Expourense unha nova edición da sempre interesante e espectacular XVII Copa de Galicia de Clubs que xuntará aos mellores equipos galegos por estadillo na procura deste desexado título.
Esta competición supón o primeiro test importante dos clubs galegos cara aos seus compromisos nacionais nas distintas ligas, representanto ademáis unha ocasión inmellorable para facer debutar aos novos fichaxes e reforzos realizados para esta importante tempada.
Por historial tanto a Sociedad Gimnástica de Pontevedra na categoría masculina como o Atletismo Feminino Celta na femenina, parten co papel de principais favoritos a este titulo, mália que polas características da competición (a un só atleta por proba) a incertidume e a emoción estarán garantidas ate o último instante e onde como exemplo, as pontevedreses lograban o doble triunfo na última edición do ano 2020 por apenas dous puntos de diferencia sobre as viguesas.
A maiores, resultará igual de interesante e disputado a loita que se manterá polos postos de podio, onde importantes clubs como o Atletismo Santiago, Ria Ferrol, Atletismo Narón, ADAS Proinor e Lucus Caixa Rural por citar só algúns, posicionanse para estar na pelexa polos postos importantes.
Historial
A historia da competición arrincaba no ano 1990 na pista cuberta de Riazor quen acollía o debut deste trofeo con triunfo para as locais femininas do Club Atletismo Coruña- entidade xa desaperecido- e para a Sociedad Gimnástica na masculina.
Desde aquel entón e con varios paróns de por medio, tan só catro equipos lograron inscribir o seu nome neste importante palmarés na que destacan os trece títulos da Gimnástica de Pontevedra, os dez do Celta de Vigo, as tres do Atletismo Coruña, e as dúas edicións do RIA Ferrol.