Resultados

O atletismo máster abre os autonómicos de pista cuberta.

Sin que ainda se teñan apagado os ecos do último Campionato de España máster de pista cuberta desenvolto en Ourense, novamente o recinto atlético acollerá unha edición máster no que será a cita do Campionato de Galicia.

Moitos e moitas dos que tomaron parte naquel nacional a finais de novembro do ano pasado, estarán sobre o sintético cuberto comezando un importante ano que arrinca no día de mañá. Entre as participantes destacadas que confirmaron a súa asistencia está a triple plusmarquista mundial  Esther Pedrosa a quen veremos compitindo sobre as proba dos 800 m. e dos 1.500 m.

No resto de participantes salientar a participación de varios das vixentes campioas de España entre as que se atopa Lucia Ferreiro da Gimnástica quen estará compitindo no concurso de pértega F40 onde recentemente lograba mellorar o seu propio récord de España con 3.05 m.

Tamén contaremos cas actuacións da plusmarquista nacional Emilia Mesa do Ourense Atletismo no círculo de peso na categoría F65, estando acompañada pola olímpica e subcampioa mundial absoluta en Gotemburgo 1995 Felicea Tilea na F50. Nos homes o plusmarquista absoluto Victor Gallego e o campión de España máster Xulio Ventín (M60), ambos da Gimnástica, encabezan do cartel desta especialidade.

Sobre a velocidade poderemos ver as evolucións de Miguel Gómez do Real Club Celta na M40, que ven de establecer recentemente os récords galegos da súa categoría de 60 m. e 200 m. A campioa de España Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural, tomará parte na proba dos 200 m, e no concurso de altura na categoría F55, así como o plusmarquista nacional Domingo Álvarez do Burgas Ourense a quen o veremos sobre os 400 m. e os 1.500 m. na M65

O medio fondo e fondo contará, entre outras, ca presenza de Inés Papín do Atletismo Sada nos 3.000 m. na F50, de José Manuel Fernández Sangiao do Verxel Nutrición Deportivo nos 800 m. M60, así como a de Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago nos 1.500 m. na M70.

No resto de sectores citar a tamén presenza destacada do plusmarquista nacional Carlos Ferrer do Atletismo Narón no concurso de Pentathlon M60 así como a das marchadoras do 3.000 m. Emilia Rodríguez do Trega na F45 e Rosa Sierra do Atletismo Sada na F55.

 

Compartir: