Axudas a atletas e Núcleos de Tecnificación

En aplicación do Plan Galego de Tecnificación Atlética – Federación Galega de Atletismo 2021 ábrese o prazo ata o 31 de decembro de 2021 para que tanto os núcleos solicitados con anterioridade e recoñecidos oficialmente por parte da Xunta Directiva da FGA
como os e as atletas recoñecidos/as coma Deportistas Galegas de Alto Nivel (DGAN), poidan solicitar axudas económicas, conforme as indicacións e criterios indicados no actual PGTA.

Os interesados/as deberán cumprimentar os modelos adxuntos e remitilos a secretaría@atletismo.gal

Plan Galego de Tecnificación Atlética

 

Compartir: