Intenso fin de semana o que se vivirá na Pista cuberta de Expourense quen acollerá a varias e importantes citas atléticas
Para comezar durante o sábado e domingo estarán tomando parte un total de dazoito equipos na disputa do seu Campionato Autonómico de pista cuberta de Probas Combinadas. Entre eles teremos aos actuáis campións galegos da última edición celebrada do 2019, o Atletismo Feminino Celta e a Sociedad Gimnástica na categoría masculina. A título individual tamén contaremos ca presenza dos últimos gañadores do 2019, os internacionais Eva Queimaño do Super Aamara e de Adolfo Saínz do Real Club Celta.
Xa no domingo poderemos presenciar novamente a Fase Final da Liga ABANCA por clubs para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 na que se agardan a participación dun total de 73 equipos. Entre eles destacan os clubs do ADAS Proinor, Ourense Atletismo, Sociedad Gimnástica, Atletismo Sada e o Club La Purísima quenes presentan equipos en todas as categorías e sexos.
Esta Liga que se achega a súa novena edicón, desenvolverase en dobre xornada competindo pola mañán os Sub10 e Sub12 para facelo xa pola tarde os Sub14. Entre os equipos participantes estarán as formacións do Vila de Cangas (9), Ourense Atletismo (7) e ADAS Proinor (6) quenes contan co maior número de títulos no historial desta liga Abanca.
O emprego da instalación cuberta sintética será aproveitado para a celebración dun Control Federado que durante tres xornadas estará desenvolvendo probas de 60 m, 200 m. e 60 valos