Resultados

Ourense prepárase para a súa San Martiño

No día de hoxe tivo lugar en Ourense a presentación oficial da  XLIV Carreira Pedestre Popular do San Martiño organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense e que contaría ca asistencia entre outras, das máximas autoridades municipais do concello ourensá a cuxo fronte estivo o seu Alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

A proba da San Martiño forma parte fundamental  do calendario ¨top¨de probas de ruta na nosa comunidade que cada ano por estas datas xunta na tradicional saída da Ponte do Milenio a un importante número de milleiros de participantes.

Sen lugar a dúbidas o gran prestixio da proba, a excelente organización e o percorrido de 10k, fan posible que sexan moitos os milleiros de atletas que se xunten ano tras ano para tomar parte nesta obrigada cita, que retoma a súa actividade logo do parón do pasado ano. Precisamente por circunstancias sanitarias, o número de inscritas e incritos este ano está limitada a un número de 2.000 participantes entre os que se atopa como principal atracción a participación da atleta etíope plusmarquista mundial de 10.000 metros e subcampioa olímpica en Tokio-20 Kalkidan Gezahegne que sen lugar a dúbidas centrará boa parte dos focos de atención da proba.

Na categoría masculina será Alejandro Fernández quen asuma o papel de aspirante ao título. Lembramos que o internacional ourensá xa coñece moi ben o que é impoñerse nesta clásica que gañaría nada menos por cinco ocasións (2012, 2013, 2017, 2018, 2019) contando ademáis ca segunda mellor marca de sempre na carreira de 29:32 na edición do ano 2013.

A gran cita que será este domingo, está programada para que transcurra en quendas establecidas en función das marcas acreditadas, sendo sobre as doce horas cando de comenzo a ¨carreira de élite¨ na que poderemos ver aos principais favoritos e favoritas. De igual modo, a San Martiño ven dotada con premios económicos en varias modalidades que van desde os 400 € ata os 100 €, estando aberta edidición tan só a participación para atletas de categorías Sub20 en adiante.

Compartir: