Resultados

Destacada actuación dos equipos galegos no nacional Sub14

Excelente fin de semana o vivido na localidade astuariana de Gijón durante o transcurso do Campionato de España Sub14 por equipos a onde acudirían a tomar parte cinco clubs galegos.

Tanto a Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina como o Marineda Atlético, Ourense Atletismo e A. Millaraio na masculina, competirían intensamente ao longo do sábado e domingo nun campionato na que a canteira do noso deporte sacarían unha importante experiencia e motivación no persoal e excelentes resultados no individual. Precisamente, Nuno Castro sen dúbida foi o galego máis destacado no campionato xa que o atleta do Millaraio lograba nada menos que o triunfo no concurso de lonxitude con 5.31 m. e a segunda posición no lanzamento de xavelina con 33.38 m.

Nos 1.000 m. un dos favoritos, Alex Sierpes do Ourense Atletismo, lograba impoñerse cun formidable rexistro de 2:44.52, sendo tamén importantes os postos de podio das atletas do Narón Antía Otero, segunda en peso  con 10.60 m., e Noa Díaz, terceira nos 2.000 marcha con 10:04.32.

En canto a clasificación por clubs na categoría masculina importante posto para o Marineda Atlético que ocupaban a novena posición sendo décimo terceiros o Atletismo Millarraio e vixésimos os rapaces do Ourense Atletismo. En canto a clasificación femenina, idéntico  posto para o Atletismo Narón na novena posición da clasificación xeral e  un tamén meritorio décimo quinto para a Atlética A Silva

Compartir: