O vindeiro día 23 botará a andar nas pistas de atletismo do Estadio Rioseco de Narón o programa de fomento e iniciación a pértega ¨Pertegal¨.
Este proxecto do Plan Galego de Tecnificación Atlética, ten por obxectivo o aprendizaxe básico e o achegamento a esta modalidade a través de sesións prácticas dirixidas por adestradores especialistas da FGA.
Dende de Federación Galega de Atletismo, preténdese que todos aqueles clubs galegos que non conten con recursos técnicos nin materiais nos seus lugares de traballo, poidan solicitalo. Tanto o material coma o equipo técnico será proporcionado pola FGA en cada unha das sesións. Aínda que é fundamental que a instlación onde se desexe levar a cabo as actividades, conte co colchón de pértega. O labor técnico cara aos atletas poderá de igual modo ser aproveitado por todos aqueles/as adestradores/as que desexen tomar parte co fin de ampliar os coñecementos e recursos báscos desta modalidade. Para tal fin darase prioridade a aos Núcleos xa recoñecidos pola Xunta Directiva da Federación Galega, Núcleos Básicos de Tecnificación, e o resto de clubs que se poidan atender.
As premisas serán as de limitar ata dez o número de atletas por cada sesión, sendo o ideal un número máximo de 3 atletas por club para evitar unha excesiva masificación. As idades serán enfocadas cara atletas das categorías Sub12 e Sub14 malia que en función das características peculiares de cada zona poderíanse modificar os criterios.
Pódese solicitar máis información sobre estas xornadas no correo electrónico: tecnificacion@atletismo.gal.