O sábado 9 de outubro, as 16:00 horas reunirase a Xunta Directiva do Comité Galego de Xuíces no CGTD de Pontevedra.
Entre outros temas a tratar, están o resumo da tempada, a elección da Placa Ramón Docal, os vindeiros exames de N1, N2 e N3, e os criterios para a elaboración do xurado do Campionato de España Master de pista cuberta.