Coruña-10 volve con forza renovada

A atleta keniata Selah Busienei cun rexistro de 32:33 e o navarro Nassin Assaous con 29:13 proclamáransonse no día de hoxe gañadores da XV Coruña 10 nunha edición que volvía logo do paréntese do ano pasado con máis gañas e ilusión que nunca.

A carreira que contaría con varias saídas limitadas en número de participantes, foi transcurrindo sen incidencias dende as 09.00 horas da mañán en intervalos de dez minutos. O prato forte estaría precisamente na última delas que botaría a andar ás 12:05 horas, e da que sairon os atletas que finalmente ocuparon as primeras posicións da clasificación xeral.

Foi precisamente na categoría masculina, onde se rexistrou unha maior igualdade entre os participantes. O triunfo, decidíriase na última recta que daba a segunda posición ao keniata Kiprop Cherruiyot a cinco segundos do gañador, ocupando o terceiro lugar o corredor de marrocos Hicham Sigueni con 29:29. O primeiro dos galegos foi o ourensá, tricampión deste edición nos anos 2012,2013 e 2018, Alex Fernández, quen chegaría no décimo posto da xeral masculina con 30:03.

A categoría femenina foi algo máis clara, cunha segunda posición para a etíope Likina Amebaw con 33:09, sendo o último posto de podio para a gañadora do ano 2019, a venezolana afincada en Galicia, Joselyn Brea con 33:30.  Moi preto das zonas de podio quedarían na cuatra posición  Edymar Brea con 33:36 sendo sexta da xeral outra das galegas destacadas, Esther Navarrete, quen volvía á competición logo da súa maternidade.

Ca disputa desta proba, recupérase boa parte da normalidade competitiva que fará posible á volta das seguintes citas á cidade na ruta como son  Coruña41 e Coruña21.

Compartir: