Ao aveiro do Plan Galego de Técnificación Deportiva, o sector de lanzamentos da Federación Galega de Atletismo, convoca unha nova xornada técnica do presente ano, ca finalidade de facer un seguimento directo tanto cas atletas seleccioadas/os como cos seus respectivos adestradores quenes tamén estan convidados a tomar parte.
A xornada dirixida por Raimundo Fernández, contará ademáis ca presenza dos técnicos Necho Fernández, Frank Casañas e Pepe Domínguez quenes se encargarán de cada unha das modalidades.
A xornada terá lugar nas instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educacion Física de Bastiagueiro (INEF) o 2 de outubro de 11.00 a 19.30 horas.
Lémbrase que para tomar parte, compre confirmar obrigatoriamente asistencia na ligazón habilitada antes do martes 28 de setembro ás 20:00h. (a non confirmación da asistencia será considerada como renuncia a tomar parte na sesión técnica)
Dez xornadas
Ata o momento a nivel de Tecnificación, foron desenvoltas un total de dez xornadas no presente ano, onde ademáis tamén se contaría ca posibilidade de facer recoñocementos médicos a atletas de nivel nacional e internacional (segundo criterios expresados no PGTA) estando programadas varias máis de aquí ao remate do ano
Xornadas desenvoltas no 2021
- 24 de abril. Sesión Técnica de lanzamentos
- 15 de maio Sesión Técnica de lanzamentos
- 17 de maio. Sesion Técnica de marcha
- 05 de xuño. Sesion Técnica de salto con pértega
- 05 de xuño. Xornada Técnica de lanzamento de martelo
- 19 de xuño. Sesion Técnica de Lanzamentos
- 05 de xuño. Xornada Técnica de Lanzamento de martelo
- 10 de xullo. Xornada Técnica de valos
- 02 de outubro. Sesión Técnica de lanzamentos
- Ano 2021. Recoñecementos médicos