Resultados

A FGA marca unha serie de líneas de acción do Observatorio do Atletismo Galego

A Federación Galega de Atletismo, a través do Observatorio do Atletismo Galego ven de facer públicas unhas líneas de traballo que marcarán a axenda do citado departamento, ás que se incorporarán outras en diversos eidos nos próximos meses, dacordo ao Plan Estratéxico da Federación Galega de Atletismo. A finalidade non é outra que, segundo o seu responsable Suso Vázquez, ¨Ir avanzando e desenvolvendo as líneas de traballo plantexadas a través do Plan Estratéxico do Atletismo Galego co propósito de ir incorporadóas dun xeito progresivo coa participación dos diferentes estamentos do atletismo galego¨

Entre os principais obxectivos marcados do observatorio destacan:

1. Actualización do documento ‘Atletismo Municipal’

A FGA inicia un proceso de actualización do documento do Atletismo Municipal, a través das súas diferentes delegacións.
Deste xeito derívase aos diferentes delegados a posta en común e renovación do documento pertencente a cada delegación.

2. Plan de Implantación atletismo nos concellos galegos.

Dende a Federación porémonos en contacto cos 313 concellos da xeografía galega, de cara a promover a creación de escolas deportivas, clubes ou outro tipo de entidades de Atletismo de cara a chegar a maior parte posible da poboación.

O proceso será progresivo, comezando pola provincia de Lugo e continuando por Ourense, Pontevedra e Coruña.

Promoveremos dende a axuda /asesoramento na creación da actividade de Atletismo, así como a posibilidade de colaboración por parte das nosas delegacións e da Dirección Técnica, en todo aquelo que sexa preciso.

3. Plan de infraestruturas atléticas.

A través do seguemento das diferentes infraestruturas e instalacións atléticas que se anunciaron por un lado e se están desenvolvendo por parte de diferentes administracións polo outro.

Dende a FGA, aínda que estamos en contacto coas diferentes administracións, valoraremos o contexto e situación de cada unha das actuacións, así como velaremos polos anuncios inminentes e inicio das obras, noutros casos.

4. Establecer medidas específicas que fomenten a práctica do Trail Running

A Comisión de Trail da FGA levará a cabo unha serie de plantexamentos en relación ao desenvolvemento do Trail Running na nosa comunidade autónoma, así como os avances lexislativos no que concerne á homologación de circuítos / contornos de Trail.

5. Desenvolver accións co Comité Galego de Xuíces en varias liñas.

Por un lado, coa coordinación da membro da Xunta Directiva, Carmela Torres, levar a cabo a campaña de afiliación de xuíces xa formados e que non actuaron nos últimos anos, un dos puntos do Plan Estratéxico da Federación Galega de Atletismo.

Por outro lado, estudar a posibilidade de descentralizar a formación de novos xuíces, buscando posibilidades e plantexamentos en “zonas grises”, de cara a aumentar o número de Xuíces en diferentes delegacións.

6. Potenciación do deporte escolar

Dende a Federación Galega de Atletismo, porémonos en contacto co departamento de Deporte Escolar da Xunta de Galicia, de cara a colaborar no desenvolvemento das accións oportunas do Atletismo no programa Xogade, así como o aumento na diversificación territorial para chegar ao maior número de nenas e nenos posible.

Ademais, tendo en conta a diferente xestión do deporte escolar que se fai en cada unha das zonas, promoveremos aspectos de colaboración entre concellos e estableceremos as diferentes vías de cooperación con algúns clubes que poden facer un traballo de “clube matriz”, colaborando con outras entidades que se están iniciando, promocionando o Atletismo en cada unha das zonas ou áreas.

7. Estudo das posibilidades de conciliación laboral e familiar en relación ás ensinanzas deportivas do Atletismo Galego, as cales están a expensas dos últimos trámites técnicos para a súa posta en funcionamento trala aprobación e publicación no DOG.

Deste xeito, coa dirección da Escola Galega de Adestradores, estudaranse as diferentes posibilidades e plantexamentos horarios e de datas do desenvolvementos dos ciclos de Atletismo, regulados pola Xunta de Galicia.

Buscaranse, as mellores vías e plantexamentos posibles, dacordo á normativa vixente, de cara a facilitar que o maior número posibles de persoas se formen nas ensinanzas deportivas.

Posteriormente, dun xeito gradual vanse anunciar e desenvolver outras accións relacionadas con outros aspectos de interese, tendo en conta o Plan Estratéxico do Atletismo Galego.

Compartir: