Resultados

Excelentes campionatos desta fin de semana en Calabagueiros

Excelente macro-xornada a disputada esta fin de semana no Barco de Valdeorras durante o transcurso dos Campionatos de Galicia de Combinadas Absoluto e Sub23; Campionato de Galicia individual Sub23 e o Campionato de Galicia de Clubs Sub 14. Trofeo ABANCA

Moito se tiveron que empregar na delegación barquense para sacar a diante esta intensa e difícil no organizativo fin de semana, onde os resultados máis salientables na categoría Sub23 viñeron da man Pablo Tomé do Coruña Comarca quen se impuxo tanto nos 100 m. como nos 200 m. con 10.93 e 22.26 respectivamente.

Santi Rozas do Lucus Caixa Rural domiñou os valos con triunfos nos 110 v. con 15.21 e nos 400 v. con 1:01.91 ao igual que Bilal Dahmouni do Celta quen lograba un rexistro nos 3.000 Obstáculos de 9:48.37

No peso o campión galego absoluto de pista cuberta Jaime Arias do Riazor Coruña  lanzaba ata os 14.15 m. polos 45.63 m. no concurso de disco de Marcos Bouza e os 61.33 m. de Yago Araujo do Celta en martelo.

Na categoría femenina Ana Iglesias do Coruña Comarca proclamábase campioa galega Sub23 nos 200 m. con 25.40 tendo que ceder nos 100 m. ante Cristina Garrido da Gimnástica quen realizaba 12.32.

María Carballido do Atletismo Friol pola súa banda, doblaba con sendos triunfos nos 400 m. e nos 800 m. con 58.75 e 2:20.17 respectivamente.

Nos 400 valos triunfo para Lucía Rivadulla do Ria Ferrol cuns moi interesantes 1:01.98.

Por último a proba estrela do campionato, a xavelina, estivo domiñada por Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol quen lanzaba ata os 44.09 m. Tras dela situábase a lanzadora do C.A.Santiago Andrea Botella con 39.49 m. ocupando o terceiro lugar Andrea González da Gimnástica con 38.73 m.

Campionato de Galicia de Combinadas

 Adolfo Sainz Maza proclamábase Campión Galego Absoluto no concurso de probas combinadas logo de sumar un total de 5.916 puntos. O de Castro de Rei acadaba na lonxitude a súa mellor proba no concurso ao saltar ata os 6.68 m.

O subcampionato galego correspondeu ao atleta do Atletismo Narón Adrián Carrera quen completaba as dez probas cunha puntuación total de 3.460 puntos.

Campionato de Galicia Sub14 por equipos. Trofeo ABANCA

Por último, o Campionato de Galicia por equipos Sub14 Trofeo ABANCA distinguiriase polo seu excepcioal ambente e comportamento tanto no deportivo como no competitivo de todos e cada un e unha das súas participantes.

As enormes gañas e entrega destes xovencísimos atletas, foi o máis salientable dunha cita na que o triunfo na categoría masculina correspondeu ao equipo local do ADAS Proinor estando acompañado na zona de podio polo Ourense Atletismo e Marineda respectivamente.

Por parte da categoría feminina a victoria foi parar ao Club Atletismo Narón seguido por a Atlética A Silva e polas ourensáns do C.D. La Purísima.

Compartir: