Seis equipos na categoría masculina e cinco na feminina tomarán parte durante esta fin de semana no Campionato de Galicia de clubs de probas combinas que terá lugar nas pistas do CGTD de Pontevedra os días 08 e 09 de maio.
Entre os clubs participantes destaca a presenza do Atletismo Femenino Celta quen tratará de reter o título autonómico logrado na edición do ano pasado no mesmo escenario. Para elo contará cas atletas Alicia Merino e Carlota Salgado como principais bazas, quenes xunto a Martina Gutiérrez, Valeria González e Daniela Paunero estarán aportando na suma de puntos.
Haberá que seguir moi de preto a un novísimo pero moi potente equipo da Atlética Lucense integrado por Lucía Sánchez del Valle, Enma Sihuang Pérez e María Bouza
Na categoría masculina a Sociedad Gimnástica parte con certa ventaxa pola ausencia do actual equipo campión a Atlética Lucense. Os lucenses acuden ao galego tan só co subcampión autonómico de pista cuberta Nicolás Arrojo, polo que non poderán puntuar como equipo (debe haber un mínimo de tres atletas). Os pontevedreses que xa foran segundos no 2020, contan con importantes opcións xa que presentan o mesmo equipo medular do ano pasado integrado por Matías Moldes, Luis Mariño e Oscar Monteagudo xunto aos cales estarán os tamén gimnásticos Paco Lamas, Nicolás Quiñones e Alejandro Villaverde.
Como en cada campionato e proba organizada pola FGA, seguiranse durante todas as xornadas o protocolo COVID19 establecido pola entidade federativa e aprobado pola Xunta de Galicia para garanter en todo momento a saude de todas e todos os participantes.
- Equipos masculinos participantes: Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Atletismo Narón, Millaraio, Atlética A Silva e Agrupación Viguesa de Atletismo
- Equipos femininos participantes: Atletismo Femenino Celta, Atlética A Silva, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Agrupación Viguesa de Atletismo e Atlética Lucense