Volve o Gran Premio Cantones de Marcha

As rúas dos Cantones volverá presenciar o vindeiro día 5 de xuño unha nova edición do ¨Gran Premio Internacional Cantones de Marcha Atlética – Trofeo Sergio Vázquez¨ logo de que o ano pasado e por vez primeira nos seus trinta e catro anos, tivera que cancelarse pola situación sanitaria.

Nomear ao Gran Premio de Cantones , é falar de todo un referente a nivel mundial da especialidade xa non só pola súa calidade organizativa, senón polo compromiso dunha cidade, dunhas xentes e dun público entregado ca súa proba que edición tras edición fai posible que polo seu circuito pasaran todas as lendas e mitos desta especialidade.

Múltiples premios de rango autonómico e nacional avalan a esta proba considerada unha das millores do mundo da súa modalidade e que no ano 2019 recibiría o recoñecemento definitivo por parte do máximo organismo atlético mundial, a World Athletics, que o declaraba Patrimonio Mundial do Atletismo baixo as palabras do seu presidente Sebastián Coe que se refería á mesma como ¨Hai poucas competicións que coincidan coa categoría e a historia do encontro na Coruña”

Compartir: