Resultados

Xela abandera os Sub16 no nacional desta fin de semana

Un total de 21 atletas galegas a galegos tomarán parte durante esta fin de semana no Campionato de España Sub16 que se disputará no Pazo dos Deportes de Oviedo e que xuntará a un total de 276 participantes.

Entre as nosas e nosos representantes, destaca a participación de Xela Martínez quen acude en calidade de máxima atracción do campionato . A fondista lucense acaparará toda a atención logo da exhibición do pasado fin de semana onde lograba o récord de España Sub16 e Sub18 nos 3.000 m. cun rexistro de 9:28.34. Malia elo, serán os 1.000 m. a proba escollida por Xela e o seu adestrador para compitir en Oviedo, a donde acude co récord galego e a mellor marca das participantes con 2:49.31.

Xunto a lucense tamén seguiremos con especial atención a participación a Lisa Vosverg do AVA quen acude xusto unha semana despois de establecer o pasado fin de semana durante o Campionato de Galicia Sub16, un novo récord galego de pértega con 3.35 m

Na categoría masculina un dos destacados será Sergio Quintas do C.D. La Purísima, quen acude ca terceira mellor marca dos participantes nos 1.000 m. con 2:40.94 (AL)

Outras participacións interesantes serán as de Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega nos 60 m., Adriana Rial do Samertolomeu nos valos, Daniel Salgueiro do Coruña Comarca nos 600 m., Candela Sánchez do San Migel de Marín nos 1.000 m. ou a de Sara Guedes da Atlética Lucense nos 3.000 m, por citar só algúns.

 

Compartir: