Resultados

Salto cara á historia

Novamente o atletismo galego volveu no día de hoxe a escribir nos Campionatos de Europa  de pista cuberta unha das máis importantes episodios da súa historia.

Precisamente cando falta unhas poucas datas para a conmemoración dos 100 anos da Federación Galega de Atletismo, Ana Peleteiro contribúa coa súa medalla de prata  a engrandecer este século de historia do ente federativo.

A riveirense quen acudía ca difícil misión de defender a súa medalla europea lograda en Glasgow fai dous anos, demostraría novamente a súa gran capacidade para a alta competición.

O concurso daba comezo cun primero salto de 13.98 m. ao que seguían dous nulos consecutivos. No cuarto conseguía chegar ata os 14.34 m. que melloraban en trece centímetros a súa mellor marca do ano efectuada no Campionato de España de Pista cuberta e que a situaban no cuarto lugar. O quinto salto (14.19 m.) ainda que longo, non lograba mellorar quedando todo para o último e decisivo intento. Nel, a plusmarquista nacional entraba con todo nunha clara aposta do todo ou nada que afortunadamente deixaba a medición en 14.52 m. que servía para escalar posicións e empatar ca xermana Eckhardt. A prata finalmente viaxaba a Riveira grazas a un segundo mellor salto. O ouro foi para a portuguesa Patricia Mamona por tan só un centímetro de diferencia.

Este novo metal se engade a un amplo historial de éxitos deportivos que fan da triplista todo un referente do atletismo galego e nacional e que de paso a posicionan como seria aspirante para os postos de honra nos Xogos Olímpicos de Tokio.

Resultados

Compartir: