A marcha cítase no CGTD

Esta fin de semana as pistas do centro Galego de Tecnificación de Pontevedra serán a sede da disputa do Campionato de Galicia de Marcha en Pista onde preto dun cento de marchadores e marchadoras acudirán este domingo a partir das 9.45 horas para loitar polos postos de podio desta importante edición que será retransmitida e comentada en directo a través da canle youtube da FGA.

As estritas e escrupulosas medidas de seguridade marcarán, como ven sendo habitual no desenvolvemento de todos os campionatos, esta edición que contará ca presencia destacada da internacional e campioa de España absoluta este ano, Antía Chamosa da Gimnástica, quen tomará parte na proba dos 5.000 m. marcha. A marchadora intentará sumar o seu sexto título autonómico da modalidade e empatar así a triunfos, cos acadados no seu día por Eva Iglesias gañadora nos anos 2004, 2005,2010, 2011,2013 e 2015.

Xunto a Antía estará competindo a Sub20 Iria Rivas, quen sería medalla de bronce no nacional de ruta deste ano en Torrevieja

Nos homes, Daniel Chamosa da Gimnástica parte de igual modo como favorito para sumar o que sería o seu quinto autonómico. Caso de acadalo, quedaría a tan só un título dos seis de Jorge Ignacio Silva quen encabeza o ranking con seis campionatos que van dende o 2002 ata o 2007.

Nesta mesma categoría, compre salientar a tamén participación do Subcampión mundial e campión europeo máster Iván Morales do Marineda quen xa conoce o que é ganar un galego grazas ao seu triunfo no ano 2018 en Narón.

Ademáis da categoría absoluta, disputaranse as medallas no resto de categorías onde estarán defendendo os seus títulos os marchadores, Mario Costa do Samertolameu na categoría Sub12,  Mauro Alexandre do ADAS Proinor na Sub14 , Pablo Sánchez da Atlética Lucense na Sub16, Ismael Díaz do C.A. Sada na Sub18 e Manuel Polo do A. Narón na máster 45.

Na categoría feminina tamén intentarán repetir título, Sabela Castelo do AVA na Sub12, Aldara Meilán da Atlética Lucense na Sub16, Salomé Segade do Millaraio na Sub16, Alba Pérez do A. Negreira na Sub20, Emilia Rodríguez do Trega na máster 40 e María del Carmen Jueguen de A Silva na máster 45.

Recoñecemento á memoria de Jordi Llopart e Mariano Castiñeira

Na saída da proba absoluta masculina, gardarase un minuto de silenzo en recoñecemento do que fora primeiro medallista olímpico do atletismo español e precursor da marcha Jordi Llopart, falecido recentemente. Este atleta, estaría sempre moi ligado á marcha galega a través do seu apoio a diversos proxectos atléticos, entre os que cabe destacar a do G.P. Internacional Cantones de Marcha Atlética- Sergio Vázquez. De igual modo dende a Federación Galega, quíxose lembrar a súa figura ca edición conmemorativa da súa figura no cartel deste Campionato galego.

Tamén tristemente produciriase fai apenas días o falecemento do adestrador lucense Mariano Castiñeira que tamén quere ser lembrado nesta primeira proba oficial tras a súa ausencia, á espera de poder organizar en Lugo un acto acorde a súa importancia e relevancia.

Presentación do Campionato

Por outra banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, invita a todos os Medios de Comunicación e estamentos atléticos da zona de Pontevedra e galegos, ao acto de presentación desta cita que terá lugar o xoves 19 as 12.30 nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e ao que acudirán  Daniel Benavides, Director do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra e David Ferrer, Delegado Federativo da Federación Galega de Atletismo en Pontevedra

 

Compartir: