Resultados

40 medallas para os galegos e galegas no nacional máster

40 metais (15 ouros, 16 pratas e 9 bronces) foi o balance total de medallas logradas polos 84 galegos e galegas que tomarían parte durante esta fin de semana no Campionato de España Máster desenvolto na cidade gaditana de San Fernando.

Entre os rexistros máis destacados está o récord de Galicia establecido pola saltador de A Silva Basi Bernárdez quen no foso de lonxitude  establecería un novo récord M45 cun  rexsitro 5.97 m.

No que atinxe a medallas, o balance quedou da seguinte maneira:

Medallas de Ouro (15):

  • Ana Abuin de A Silva na F60 en Martelo; Martelo Pesado e Peso
  • Basi Bernárdez de A Silva na M45 en Xavelina e Triplo
  • Esther Pedrosa do Playas de Castellón na F55 nos 800 m. e nos 1.500 m
  • Fran Guzman do C.A.Santiago na M45 en Peso e Disco
  • Carlos Ferrer do A. Narón na M60 nos 300 valos e Disco
  • Juan Morales del Castillo do Marineda na M40 nos 5.000 marcha
  • Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F55 nos 400 m. con 1:12.23
  • Santiago Ferreiro do C.A.Santiago na M35 en Martelo
  • Juan Caamaño do Marineda na M50 nos 100 m.
  • Nieves Vázquez do C.A.Sada na F45 nos 100 m.

Medallas de prata (16):

  • Luz María Domínguez do Burgas Ourense na F55 nos 200 m. e nos 800 m.
  • Monse Fernández do C.A.Sada na F50 nos 100 m. e nos 200 m.
  • Concha Novais do C.A.Sada na F40 nos 200 m. e nos 400 m.
  • Basi Bernárdez de A Silva na M45 en lonxitude
  • Nuria Pastor do Lugo Runing Ramos Lourés na F50 nos 5.000 m.
  • Javier Viteri do Ourense Atletismo na M55 en xavelina
  • Ana Abuin da A. A Silva na F60 en Disco
  • Goretti Díaz do Samertolameu na F40 nos 100 m.
  • Juan Luis Paz do Marineda na M45 en Altura
  • Nieves Vázquez do C.A.Sada na F45 nos 100 m.
  • Jose Fernández Nieves do Real Club Celta na M45 nos 5.000 marcha
  • María Luisa Armesto do C.A.Sada na F65 nos 400 m.
  • Irene Fidalgo do A.Narón na F45 en Martelo

Medallas de bronce (10): 

  • Luis Campos do ADAS Proinor na M55 nos 100 m. e nos 200 m
  • Manuel Polo do Atletismo Narón na M45 nos 5000 marcha
  • Goretti Díaz do Samertolameu na F40 nos 200 m.
  • Carlos Ferrer do A. Narón na M60 en Martelo
  • Fernando Míguez do C.A. Sada na M50 en Triplo
  • Juan Luis Paz do Marineda na M45 nos 110 valos
  • Inés Papin do C.A.Sada na F50 nos 1.500 m.
  • Antonio José Martínez do A.V.A. na M45 en Peso

Compartir: