Resultados

Nota alta para os/as Sub14 e Sub16 no seu galego

Extraordinario Campionato de Galicia Sub14 e Sub16 o vivido durante esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra.

O evento contaría en todo momento ca vixianza dos responsables do Comité COVID designados para esta cita e que en todo momento se encargarían de informar e de facer cumplir as normativas de seguridade establecidas e plasmadas no Protocolo COVID da FGA aprobado pola Xunta de Galicia

Os bos rexistros foron da man da gran motivación dos e das participantes

O campionato daría comezo o sábado ca disputa do autonómico Sub16 onde destacarían as actuacións de Pablo Cudeiro do Ourense Atletismo quen marcaría un bo rexistro sobre os 100 valos con 14.54. Salientable  tamén foi a marca no concurso de triplo do atleta do Mazi Xoel Otero quen chegaría ata os 13.41 m.  malia que con +3.0 de vento a favor. Xa nos lanzamentos Blanca Pereira do Ourense Atletismo faríase cos títulos autonómicos de peso con 10.17 m. e martelo con 53.19 m. sendo Hugo Fernández do C.A.Sada o domiñador en martelo de 4 kg. con 43.06 m.

A campioa galega absoluta dos 100 m. deste ano Ainhoa Raparaz do Val Miñor fixo valer a súa condición de favorita para lograr o triunfo sobre os 100 con 12.57. Pola súa banda Daniel Cariñena do Millaraio impúxose nas probas dos 100 m. con 11.60 e no concurso de disco con 41.50 m. o mesmo que Daniel Loureiro da A.A Silva nos concursos de lonxitude con 6.21 m. e xavelina con 42.51 m.

Lisa Vosberg do AVA rabasaría o listón a 2.90 m. no concurso de pértega sendo Nayr Cortegoso do Val Miñor con 5.17 m. quen faría o propio ca lonxitude. Enma Sihuang do Franciscanos, medalla de bronce nos absolutos de altura, teriase que retirar por mor dunha lesión renunciando aos valos, non sen antes lograr o título con 1.48 m. en altura

Por último Aldara Meilán da Atlética Lucense chegaría a línea de meta no primeiro lugar nos 3.000 marcha cun crono oficial de 14:43.65

Si todo esto acontecía o sábado, o domingo e na xornada da mañá, serían os Sub14 quenes centrarían todo o protagonismo e as miradas.

O máis salientable sería a mellor marca autonómica no concurso de martelo a cargo do atleta da Atlética A Silva Alejandro Rey quen lanzaría ata uns fantásticos 45.77 m.

Nos 80 m. Antón Cillero do Riazor Coruña impúxose tanto nos 80 m. con 9.86 como nos 150 con 18.70 sendo nos 500 m. o triunfo para Daniel Salgueiro do Coruña Comarca con 1:14.52. Destacado o rexistro de igual modo, da atleta do Trega Mara Romeu quen lograría a primeira posición nos 150 m. con 19.98. Celia Castro do Cambados-Seguros Noval con 1:19.23 proclamariase campioa galega dos 500 m.

Excelente Leo Rodríguez do Samertolameu quen na proba dos valos lograría uns moi bos rexistros de 12.80 nos 80 valos e de 32.45 nos 220 valos.

Nos concursos, Roi Prieto do Ourense Atletismo fíxose cos títulos autonómicos de altura con 1.39 m. e pértega con 2.13 m, salientando tamén a lanzadora de martelo do A.F.Celta Marta Hermida (filla do destacadísimo adestrador vigués) quen logrou no seu terceiro intento chegar ata os 41.03 m. en martelo.

Por último Iria Solera do Ourense Atletismo colgouse os títulos tanto de triplo salto con 9.35 m. e de altura con 1.48 m.

Campionato de Galicia de Combinadas

Tamén durante a fin de semana se estivo disputando o Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub16 que deron o triunfo na categoría feminina á representante do Atletismo Deza Marta Lázara cunha puntuación total de 2.833 puntos. Da superioridade da decense fala o feito de que se impuxera en todas as probas agás a dos 600 m. que sería gañada pola segunda clasificada na xeral Nadia González  de A Silva con  2.450 puntos. Xunto elas, Irene Vázquez do A. Narón con 1.797 puntos sería bronce.

Xa na categoria masculina foi Bran Núñez do A.Morrazo quen se faría co campionato galego establecendo unha puntuación total de 4.179 malia competir durante todo o octathlon só.

Compartir: