Fin de semana interesante en canto a actividade nacional onde por unha banda contaremos con representación da man da nosa selección, no Campionato de España Sub18 de Federacións Autonómicas en Pamplona, e pola outra no Campionato de España Sub20 que durante os días 3 e 4 de outubro acollerá a capital do Estado.
Ata Vallehermoso acuden un total de 23 galegos e galegas que competirán nunha instalación fortemente acondicionada que dará acollida a 486 atletas participantes.
Importantes bazas galegas
En canto a presenza de atletas galegas e galegos se refire, no sector de velocidade figura inscrita a Gimnástica Cristina Garrido nos 100 m. así como o atleta Kristian Krasnov do C.A.Sada nos 400 m. quenes estarán loitando por postos de finalistas. Adrián Domínguez do AVA, tamén estará na saída da proba dos 400 m.
No medio fondo Alberto Pérez da Sociedad Gimnástica acude ca misión de millorar a súa marca de 1:56.19 presentándose na categoría femenina unha interesante loita entre a campioa galega absoluta María Cedrón de A Gándara e Paula de la Torre da Gimnástica nos 800 m.
O fondo constitúe un sector propicio para os intereses galegos ca participación na proba dos 5.000 m. do internacional do Atletismo Narón El Medhi El Nabaoui quen xa sabe o que é estar por varias veces nun podio nacional. Nos 3.000 obstáculos Bilal Dahmouni da Atlética Lucense será outro foco importante de atención xa que parte ca cuarta mellor marca dos participantes con 9:37.67
Especial atención aos 400 valos que contará ca figura do atleta naronés e gañador dos galegos absolutos Demba Sanyang, quen acude ca terceira mellor marca dos participantes. Xunto él, pero nos 110 valos, tomará parte Guzmán Carril da Atlética Lucense
Juan Piñeiro do Vila Cangas e a Juan Cortizo da Gimnástica serán os nosos representantes na proba de lonxitude onde terán que estar por riba dos 7.01 m. e 6.97 m. cos que acuden respectivamente a Madrid se queren estar na final. Ariana Gil do Vila de Cangas será a nosa representante no triplo
Os lanzamentos terán ao medallista no galego Marcos Bouza do Celta e a subcampioa galega absoluta Cristina Freire do AVA como concursantes con serias aspiracións a finalistas no conscurso de disco. Opcións claras de metal tanto para o céltico Yago Araujo como para internacional Irene Gómez do Valencia, quenes tomarán parte en martelo co segundo mellor rexistro dos inscritos, estando acompañados nesta mesma especialidade pola subcampioa galega absoluta a celeste Patricia Correa. Uxía Sureda do Lucus Caixa Rural e Jonatas Pereira do Celta, tomarán parte con moitas posibilidades no lanzamento de xavelina, non quitando atención ao concurso en peso da atleta naronesa Evelyn Fernández quen podería estar polas zonas importantes da proba.
Por último, o bronce no pasado Campionato de España en Ruta e atleta internacional do RIA Ferrol Iria Rivas, aspira a podio nos 10.000 m. marcha, proba que na categoría masculina contará ca presenza do marchador do Atletismo Santiago Roberto Vieiro