Esta fin de semana as pistas madrileñas de Moralataz, Alcobendas, Vallehermoso e Getafe serán sede da disputa dos Campionatos de España Absolutos a que acuden un total de 29 atletas galegos e galegas
A cita máis importante do ano, e asumindo todas cantas medidas sanitarias se teñen establecidas, adquire un significado moi especial xa que se trata de nada menos que da edición número cen, que sen embargo será lembrada desafortunadamente por outros motivos que nada teñen que ver con este importantísimo aniversario. Con todo elo, a celebración deste campionato supón a consolidación dunha ¨nova realidade¨ que pasa pola adopción dunha serie de medidas excepcioanis que comezarían a fin de semana pasada ca disputa da Copa de Clubs e que seguirá as vindeiras datas ca celebración de máis campionatos.
Como dato, cabe subliñar que unha das decisións adoptadas pola RFEA, foi o de encarecer as mínimas de participación co fin de limitar a presenza de atletas e minimizar os riscos de contaxios, polo que a participación nos citados campionatos supón este ano un encarecemento considerable do número de participantes.
Ausencias destacadas e presencias notables.
Dos 29 atletas que están admitidos a tomar parte nesta edición, non se atopan por diversos motivos de planificación, os nomes de Ana Peleteiro, Adrián Ben ou de Tariku Novales todos eles e elas aspirantes claros a título. Con todo elo si estará o internacional e campión galegos dos 100 e 200 m. Mauro Triana do Playas de Castellón, quen loitará polo podio ao igual que xa o fixera o ano pasado en Alacante sobre os 200 m. Competindo na mesma proba tomará parte Sergio Rodríguez quen se achega este ano cun rexistro de 21.75 en pista cuberta.
Na categoría femenina a subcampioa paramundialista Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural Galega, tomará parte tanto na proba dos 100 m. como na dos 200 m. proba esta última na que intentará loitar por un posto na final.
Nos 400 m. será o representante do Real Club Celta Pedro Juncal quen tomará parte na distancia logo de acreditar na copa de clubs un excelente rexistro de 47.77.
O campión galego absoluto dos 1.500 m Elian Numa López do Coruña Comarca, tomará a saída na proba dos 800 m. ca intención de acadar un posto de finalista e de intentar chegar a ¨barreira¨dos 1:48. Xunto ao coruñes estará o salmantino de nacemento David de la Fuente da Gimnástica quen faría un destacadísimo campionato galego logo de impoñerse tanto nos 400 m. como nos 800 m.
Resultará interesante seguir as evolucións das/dos internacionais Uxía Pérez do Playas de Castellón e Alex Fernández do Ourense Atletismo, quenes competirán nos 5.000 m. ao igual que a da tamén internacional Eva Arias da Gimnástica sobre os 3.000 obstáculos nunha proba da que xa coñece o que e subir a un podio nacional.
Os nosos especialistas sobre os valos altos Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural e Lucía Ferrer da Gimnástica non faltarán a esta cita ao igual que Belén García do ADAS Proinor quen debuta nun nacional absoluto de aire libre sobre os 400 valos
Os concursos deparan varias bazas moi importantes para o noso atletismo. Na lonxitude destaca a presenza do olímpico Jean Marie Okutu quen grazas ao seu rexistro nos galegos absolutos de 7.78 m. acude ca mellor marca de todos os participantes o cal lle vai permitir loitar polo seu sexto título de aire libre logo dos acadados nos anos 2009, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2018. Da mesmo modo Saleta Fernández do Valencia Atletismo achégase a esta cita ca mellor marca grazas aos seus 1.90 m. do ano pasado, que fan dela unha seria aspirante a revalidar e lograr o seu segundo ouro nuns nacionais de aire libre.
Leticia Gil do Playas de Castellón que sería bronce o ano pasado, estará novamente na loita polos postos de honra na lonxitude malia as só cinco competicións efectuadas este ano ao aire libre
No lanzamento de peso a mundialista Belén Toimil ven moi reforzada despois do seu paso polo galego da Coruña onde lanzaría ata os 16.90 m. amosando moi boas sensacións. Caso de lograr o titulo sería o primeiro ouro para a de Mugardos quen acumula un bo número de pratas nos distintos nacionais absolutos.
En martelo contaremos ca presenza do subcampión galego Carlos Revuelta do Marathon e dos novísimos Sub20 Yago Araujo do Real Club Celta -quen debuta nun absoluto nacional- e da internacional Irene Gómez, xa afincada en Madrid, quen a poderemos ver lanzar na procura de mellorar os seus 58.45 m.
Por último a nosa baza na xavelina estará a cargo de Carmen Sánchez que intentará como pouco reeditar o seu excelente subcampionato nacional acadado o ano pasado.
Outro dos puntos de intrerese será a marcha onde contamos ca internacional Antía Chamosa tomando a saída nunha proba na que parte con moitas opcións de título o que suporía para ela o súa primeira medalla nuns nacionais absolutos de pista. Na categoría masculina presenza do campión de Europa máster Juan Morales do Marineda sobre a mesma distancia
Por último tamén estarán aportando calidade na capital do Estado varios atletas extranxeiros con ficha galega entre os que destacan as irmáns Joselyn e Edymar Brea da Gimnástica que tomarán parte sobre os 5.000 m. ca terceira e cuarta mellor marca respectivamente das participantes. Xunto elas Angharad Davies do Marineda estará competindo tanto nos 800 m. como nos 1.500 m., así como a do cubano de nacemento pero luso de nacionalidade con ficha galega polo Celta Abdel Kader Isidro quen de igual modo competirá na proba de Decathlon e dos 110 valos.
Foto Juan García Rey (Ollo de Xan)