Importante presenza de atletas internacionais no Campionato de Galicia

Ca activación de todos os protocolos e a falta de cinco días para a disputa do Campionato de Galicia Absoluto, continúan os intensos preparativos de cara a organización dunha nova e inédita edición na que o ritmo de inscrición continúa a bo ritmo a falta do seu peche previsto para mañá martes día 25 ás 20.00 horas

A falta do inminente pronunciamento da Xunta de Galicia sobre a autorización ou suspensión momentánea das distancias de fondo e marcha, son moitos os atletas internacionais que teñen confirmada a súa presenza.

En concreto unha das máximas atraccións será a que teremos no foso de lonxitude onde o olímpico de Marín, Jean Marie Okutu intentará mellorar os seus 7.39 m. logrados na V Festa do Atletismo Galego fai escasos dez días.

Nas probas de volocidade a subcampioa paramundialista nos 100 e nos 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural estará intentando reeditar os seus triunfos do ano pasado en Pontevedra. Na categoría masculina o Sub18 Erik Fernández do Celta quen o ano pasado debutaba ca camisola nacional na Copa Iberica Go FIT, verémolo loitando polos postos de honra sobre as mesmas distancias.

O subcampión de España de Pista cuberta Sub23 Elian Numa Iglesias do Coruña Comarca tomará parte nas probas dos 400 e 800 m. ao igual que o subcampión de España de maraton e subcampión de Europa máster de media maraton Manuel Hurtado da Gimnástica nos 5.000 m.

Outra das probas interesantes corresponde ao concurso de xavelina onde figuran inscritas as nosas melloras lanzadoras internacionais do momento encabezadas pola subcampioa de España Carmen Sánchez quen estará acompañada polas Sub23 Andrea González e Ivanna Carolina Román.

Non menos salientable resultará o concurso de peso ca participación da mundialista Belén Toimil intentando mellorar os 16.90 m. efectuados este mes no CARD de León. A Sub23 Irene Gómez e Isaac Vicante no martelo centrarán o resto de atención neste importante sector de lanzamentos.

Outras das internacionais que poderemos seguir sobre o sintético das pistas universitarias de Elviña será a celeste Sub23 de combinadas Eva Queimaño sobre a lonxitude, 400 valos e 100 valos, e a atleta nigreirense do A.D.Marathon Angela González, quen o fará o propio nos 800 m. e nos 1.500 m.

A sempre destacada proba de marcha, terá nos internacionais Antía e Daniel Chamosa ós máximos referentes, aparecendo tamén mesa lista de inscritas a Sub20 Iria Rivas

Por último contaremos ca presenza de Victor Gallego e de Bea Viteri no concurso de peso e pértega respectivamente intentando engadir un novo ouro máis co cal ampliar a súa colección que fan deles os máis laureadas/os de todos cantos toman parte.

Compartir: