Resultados

A velocidade domiñou o Meeting Ourense Termal

Logo do primeiro control organizado pola FGA de ¨Voltamos¨ así como a V Festa do Atletismo Galego organizado polos Rías Baixas e desenvoltos ambos en Pontevedra, no día de onte disputariase o Ourense Termal Athletics Meeting 2020 na cidade das Burgas como último gran test de cara a disputa dos campionatos de Galicia absolutos que poderemos seguir na Coruña a partir da vindeira fin de semana.

Novamente as medidas de control e seguridade marcadas polo Protocolo COVID19 marcarían unha xornada onde as gañas de competir e a boa organización sería o máis salientable.

Interesantaes rexistros

No que atinxe aos resultados e comezando polos concursos, na altura chegaríase ata os dous metros da man do saltador do Celta Addel Kader Isidro, sendo a saltadora cántabra Valvanuz Cañizo quen se faría co triunfo con 1.71

Nos fosos de lonxitude o olímpico Jean Marie Okutu non suparaba os 7.39 da fai sete días para rematar en 7.23 m. sendo o primeiro posto na categoría femenina para Tania Valverde do RIA quen con tan só dous saltos válidos, chegaba ata os 5.29 m.

No concurso de peso andaría moi disputada a primeira posición entre Antonio José Martínez do AVA e o máster Manuel Penas do Atletismo Sada con triunfo por 10.73 m. para aquel por tan só un centímetro. No peso femenino, Xiana Lago  do RIA Ferrol lanzaba ata os 10.65 m. correspondendo o mellor lanzamento ca bola de tres kilos para a representante do Deza Marta Lazara con 9.46 m.

Xa nas carreiras resultarían moi interesantes as probas de velocidade, onde a atleta olímpica catalana Estela García lograba uns excelentes cronos de 11.85 e 24.67 nos 100 m. e nos 200 m. estando secundada en ambas pola internacional Adi Iglesias do Lucus con 12.48 e 25.54 .

En homes, o atleta do Benfica Frederico Curvelo acadaba un non menos interesante 10.62 (+0,1) polos 10.73 do madrileño Iván Jesús Ramos. No dobre hectómetro,  22.63 para o Gimnástico Sub20 Carlos Argibay no primeiro contacto con esta proba no aire libre (faría 11.20 nos 100 m.)

Os 400 m. terían na atleta ovetense do RIA Paulette Natacha Fernández a atleta máis rápida con 57.45, sendo na categoría masculina onde un fortísimo David Abalde remataba con 48.89

Por último na proba dos 800 m. corrida por rúas, victoria para Angharad Davies do Marineda con 2:15.96 e de 1:54.84 na categoría masculina para o luso Pedro Vilas.

Resultados

Foto de Juan Ramilo. Momento da carreira masculina dos 100 m. 

 

Compartir: