Resultados

A Coruña acolle os campionatos da ilusión e da tenacidade

Logo de dous anos, as pistas Universitarias da Coruña en Elviña serán a sede da disputa dos Campionatos Galegos Absolutos de Aire libre que durante os días 28, 29 e 30 de agosto disputaranse conxuntamente co Sub18, Sub20 e Sub23 e co Galego de Probas combinadas.

Os novos tempos abrigan a tomar medidas excepcionais que pasan por ir retomando da mellor maneira posible a distinta actividade competitiva baixo un estrito marco de seguridade e control en canto a adopción de medidas sanitarias contempladas e recollidas no Protocolo COVID19 que sirve de marco ás mesmas.

Pendentes de autorización

Como excepcionalidade continúan sen poder desenvolverse a día de hoxe, as probas de fondo, medio fondo e marcha así como todas aquelas distancias que entrañen agrupamento de atletas, polo que serán as probas de velocidade e a dos 800 m. (disputadas por rúas) as únicas permitidas nestes intres xunto aos concursos de saltos e lanzamentos. Con todo elo este martes 25 haberá unha importante xuntanza cos coordinadores da Xunta de Galicia para o seguimento do COVID19 onde se plantexará a actualización do protocolo que podería permitir a celebración das citadas probas.

Con toda probabilidade as decisións que se adopten serán comunicadas na nova xuntanza telemática que se manterá o mércores 26, nesta ocasión co Secretario Xeral para o Deporte, e onde se ten previsto analizar a situación actual da práctica deportiva federada que estará marcada polo desenvolvemento e evolución da situación pandémica.

Inscripcións

A vista destas circunstancias, os distintos Campionatos Autonómicos darán comezo nas instalacións universitarias xa o venres, onde poderemos seguir as evolucións dos Sub18, Sub20 e Sub23. O sábado e domingo, ademáis dos citados, continuarase cas probas do Campionato Absoluto e Campionato de Combinadas.

Ao igual que sucederá nas probas organizadas con anterioridade, o aforo será controlado e limitado, estabrecéndose unha petición de cita previa tanto para os/as adestradores/as, como para os acompañantes dos menores (só 1 permitido por cada menor), unha vez rematada o prazo de inscripción.

As inscripcións continúan abertas tanto no de combinadas (cuxo prazo remata hoxe as 20.00 horas) como na do resto, contando estes últimos como data tope ata o martes as 20.00 horas.

Circular Campionato Galego de Probas Combinadas

Circular Campionato Galego Absoluto, Sub18, Sub20 e Sub23

Compartir: