Resultados

Salientable papel das probas galegas no organizativo

Non será precisamente este un ano un periodo idóneo para poder facer traballos de comparativas e estatística no tocante ás distintas competicións que se desenvolven ao longo de toda a nosa xeografía.

Malia elo, e tendo en conta tanto os históricos de celebracións, como a edición pasada ou mesmo as poucas efectuadas antes da pandemia, si podemos averiguar en que estado se atopan as distintas probas que se desenvolven na nosa comunidade segundo o baremo que anualmente confecciona a Real Federación Española de Atletismo entre todas as probas do seu calendario nacional.

O Gran Premio Cantones de Marcha atlética. G.P. Sergio Vázquez, figura como indiscutible proba líder nacional dende que no ano 2015 dera comezo este estudo, seguida a bastante distancia da Marcha Atlética ¨Espada Toledana¨que se desenvolve na cidade de Toledo. Lembramos que a proba galega de marcha é todo un referente mundial que conta entre outros galardóns ca Placa do Patrimonio Mundial concedida pola World Atletics

No aire libre é precisamente o Ourense Termal Athletics Meeting que poderemos presenciar este venres, quen lidera as probas galegas puntuadas, ocupando a décimo primeira posición. Síguelle nesa relación o Gran Premio Alfonso Posada, o Trofeo Lucus Caixa Rural e o Gran Premio Rias Baixas.  No tocante a Campionatos autonómicos incluidos no calendario nacional, o galego absoluto do ano pasado sitúase tras os de Catalunya, Valencia, Madrid, e Euskadi

Xa nas probas de ruta desenvoltas nesta tempada, a Media Maraton A Coruña 21 figura na relación no sétimo lugar dunha lista a fronte das cales se atopa a clásica Mitja Maratón de Barcelona.

Compartir: