Resultados

¨A Cidade deportiva de Mondego¨toma forma

Unha importante instalación cuberta será construida no Concello de Sada no que se dará en chamar ¨A Cidade Deportiva de Mondego¨

Así se anunciaba no día de onte durante o asinado do Convenio que o Club Atletismo Sada facía ca Obra Social La Caixa a través da cal a entidade bancaria aportará un total de 100.000 euros. O proxecto, que se executará en catro fases e que ten un custe de 400.000 euros estará de igual modo sufragado por Concello de Sada, Secretaría Xeral para o deporte e Deputación da Coruña.

Segundo indicaban fontes do Club Atletismo Sada ¨Despois de moitos anos de traballo , por fin o CAS vai  dispoñer de instalacións de atletismo para os seus 600 atletas e 1500 socios, cun módulo homologado, unha pista exterior con anel de 200 m. e recta central tamén homologada, para poder albergar competicións oficiais, circuíto de cros permanente e salas multideporte con zonas de cardio. Todo iso deseñado para deporte adaptado, converténdose nunhas instalacións únicas en Galicia¨

De igual modo dende o Concello destacaban a importancia desta obra deportiva para o tecido deportivo sadende que destaca especialmente polas actividades de atletismo, voleibol, patinaxe, taekwondo e ximnasia.

Esta futura instalación sumarase aos recintos cubertos homologados de Lugo, Ourense e A Coruña.

 

Compartir: