Resultados

Presenza de galegas e galegos no ranking nacional absoluto

Nesta atípica tempada atlética onde o calendario de probas quedaría marcado pola cancelación da totalidade de probas de verán, o ranking nacional estase a facer puco a pouco en base aos rexistros dos primeiros meses do ano e as poucas probas que se están moi timidamente a desenvolver. Será no mes de agosto cando, e sempre atendendo á evolución sanitaria,  podamos ver algo máis de actividade atlética que culminará cas importantes citas do Campionato de Galicia Absoluto o día 29 e 30 de agosto e o Campionato nacional absoluto os días 12 e 13 de setembro.

Con estos datos, no ranking nacional actualizado a día 28 de xullo figuran un total de 21 atletas galegos e galegas entre os primeiros doce postos de cada proba, destacando a presenza de Leticia Gil e Lidia Parada na lonxitude e xavelina respectivamente así como a de David de la Fuente, Roberto Vieiro e a Sub16 Xela Martínez nos 800 m. 10.000 marcha e 3.000 m., todos eles e elas no segundo lugar no ranking nacional das súas probas.

Os concursos, e concretamente os lanzamentos, volven ser quenes destaquen ca presenza dun total de 13 atletas e onde a xevelina femenina coloca a nada menos que a cinco galegas nese top 12 nacional. Ademáis da lanzadora de Barbanza figuran, Carmen Sánchez (4ª); Andrea Gonzalez (7ª), Ivanna Carolina Román (10ª) e Paula Piñón (11ª)

Nas probas de anel, xunto aos xa citados, figura o velocista Pedro Juncal nos postos importantes na proba dos 200 m. acompañado polo marchador José Fernández. Na categoría femenina entra a nosa dobre subcampioa mundial paralimpica  Adi Iglesias na proba dos 400 m. Por último o equipo feminino de relevos do Marineda dos 4×400 tamén figura na citada relación top12.

Veteranía e novos talentos

Un dos aspectos importantes do panorama galego actual, radica en que existe unha importante xeración de atletas novos e novas que se atopa compartindo espazo con atletas máster o que reporta un mutuo e interesante beneficio para afeccionados e atletas.

O penta olímpico Frank Casañas, seguido de José Fernández e do casi Victor Gallego (fáltanlle uns meses) todos eles máster, conviven e mesmo compiten cun importante elenco de novas promesas entre as que destacan a xa citada Xela Martínez na categoría Sub16, Paula Piñón na categoría Sub18 e as Sub20 Patricia Correa, Yago Araujo e Irene Gómez.

 

 

Compartir: