Sen lugar a dúbidas estamos pasando por un momento histórico que será lembrado por moitos séculos como un dos momentos máis extraordinarios dos vividos pola nosa sociedade.
Todo elo está obrigando a adoptar una serie de medidas excepcionais, moitas sobre a marcha, que intentan planificar as grandes incertidumes que planean sobre a noso futuro.
O deporte, e por ende, o atletismo non pode vivir alleo a todas elas, logo de que nada menos se adoptara a decisión de pospoñer nun ano a celebración dos Xogos Olímpicos. Cuestións que se atopan arriba da mesa, comezan a ser tímidamente abordadas tales como ¿Qué vai suceder ca tempada? ¿Compre manter un calendario logo dun parón tan importante? ¿Ata onde se podería salvar a tempada? ¿Cómo se vai a xestionar o periodo post-confinamento? (…) forman parte das grandes dúbidas que compre ir analizando dende a realidade que marca o día a día e sobre o consenso de todos os colectivos e actores implicados.
Posibles escenarios
Loxicamente serán as prioridades quenes marquen as distintas tomas de decisións, e onde a primeira e fundamental de todas elas, é a cuestión sanitaria. Malia elo, e con vistas a unha planificación, xa se empezan a adoptar propostas ante posibles escenarios como na que no día de onte tomaría a Comisión Delegada de adestradores da RFEA onde indican que “…é posible que non se podan realizar probas durante o ano 2020” abogando pola necesidade de “ …no caso que iso ocurra, ter as ferramentas psicolóxicas para afrontalo e comunicalo ós atletas da mellor maneira posible”
Con todo elo a RFEA remata indicando que se sigue a traballar para que a continuidade da actividade logo deste periodo, sexa o menos traumática posible, recoñocendo que se barallan varios escenarios posibles.
A Federación Galega sigue atentamente a evolución dos acontecementos
Por parte da Federación Galega, se está a seguir atentamente a evolución desta crise mirando moi de preto as distintas advertencias que as autoridades sanitarias e civís vaian indicando en cada momento.
En base a elo, se están a ter numerosos contactos e xuntanzas on line tanto cos propios órganos e estamentos da FGA, como da Secretaría Xeral para o Deporte e da RFEA para recibir e adoptar todas aqueles medidas que se poidan ir implementando de cara a debuxar marcos de actuación que a día de hoxe son unha auténtica incertidume.