Importantes opcións no nacional Sub18

Seguindo ca axenda da pista cuberta, unha das últimas citas importantes a nivel nacional que agarda a esta modalidade será a disputa do XLII Campionato de España indor Sub18 que terá por escenario a cidade de Valencia durante os días 7 e 8 de marzo.

Ata esas terras levantinas están inscritos/as un total de 38 atletas (16 mulleres e 22 homes) quenes intentarán poñer un bo remate invernal no individual así como mellorar os tres postos de finalistas e a medalla de ouro obtidos o ano pasado no colectivo.

Entre a presenza de atletas destacados contaremos ca participación do velocista Roi Martínez do Real Club Celta quen tomará parte na proba dos 60 m.l. con serias opcións de estar en postos de finalista.

David Ngwundile será outro dos célticos quen estará na loita polos postos importantes na proba dos 400 m. ó igual que o atleta independente Diego Paz

Tanto Degnesh María Mato do C.A. Santiago nos 800 m. como e Iker González da Atlética Lucense nos 1.500 m. pelexarán pola final, sendo o subcampión nacional Sub16 do ano pasado nos 3.000 m. Pedro Vázquez do Celta quen acuda con serias opcións de repetir podio nesta categoria superior. 

No foso de triplo novo e expectacular duelo ó que xa nos teñen acostumados entre a actual campioa de España Sub16 Alba Cuns do Atletismo Negreira e Diaou Diallo do Ría Ferrol, ocupando ambas postos top5 do ranking nacional.

No peso seguiremos moi de preto o concurso de Xiana Lago do Ría Ferrol quen lanzará co terceiro mellor rexistro das participantes e onde tampouco quitaremos ollo a Paula Piñón do A.F. Celta

Para rematar, Lola Bouza terá que mellorar os seus 3.35 m. para optar a postos de finalista no concurso de pértega sendo nas combinadas onde veremos do que é capaz de facer a lucense Lucía Sánchez del Valle quen acude nun excelente estado de forma e onde lembremos que xa o ano pasado sendo Sub16  lograba o subcampionato nacional

Relación de atletas galegas/os inscritas/os

60 m.

  • María Angel Rúiz, Club Atletismo Narón
  • Roi Martínez, Real Club Celta
  • Javier Jimenez, Club Atletismo Sada

200 m.

  • Erik Fernandez, Real Club Celta

400 m.

  • María Fernández, Riazor Coruña
  • David Ngwudile, Real Club Celta
  • Diego Paz, Independiente
  • Jorge Román, Real Club Celta

800 m.

  • Degnehs María Mato, Club Atletismo Santiago
  • Ainara Rodríguez, Atlética Lucense
  • Antía Castro, Ourense Atletismo
  • Lope Quinteiro, Atletismo Vila de Cangas

1.500 m.

  • Nerea Lage, Atletismo Friol
  • Inés Docampo, ADAS Proinor
  • Iker González, Atlética Lucense

3.000 m.

  • Pedro Vázquez, Real Club Celta
  • Carlos López, Atletismo A Gándara
  • Hugo García, Real Club Celta
  • Antón Martínez, Atlética Lucense

60 valos

  • Belén García, ADAS Proinor
  • Lucía Dopico, Atletismo Femenino Celta
  • Mateo Aller, Club Atletismo Millaraio
  • Hugo Vázquez, Marineda Atlético
  • Luan Henrique, ADAS Proinor
  • David Vicente, Rías Baixas

Altura

  • Samuel Castelo, Atletismo Friol
  • Pablo Alonso, Club Atletismo Santiago

Pértega

  • Lola Bouza, ADAS Proinor
  • Tomás López, Club Atletismo Sada

Lonxitude

  • Adrián Villares, Atlética Lucense

Triplo

  • Diaou Diallo, RIA Ferrol-CCA
  • Alba Cuns, Club Atletismo Negreira

Peso

  • Xiana Lago, RIA Ferrol-CCA
  • Paula Piñón, Atletismo Femenino Celta
  • Antía Sestelo, RIA Ferrol-CCA
  • Samuel Lema, Club Atletismo Negreira

Combinadas

  • Lucía Sánchez del Valle, Atlética Lucense
  • Aitor Fernández, Club Atletismo Narón

Compartir: