O ADAS Proinor brilla nos nacionais máster

A atleta do ADAS Proinor Susana Arrua (W35), proclamaríase Campioa de España de campo a través no circuíto de Xerez nunha carreira moi completa onde non daría opcións aos seus rivais. A achega de Susana foi decisiva para que o equipo W35 conseguise o subcampionato de España da súa categoría. A formación estaría integrada por  Susana Arrúa, Esther Rodríguez, Iria Fernández e Elena Ledo.

A maiores o relevo mixto formado por Susana Arrúa, Akka Essaadaoui, Esther Rodríguez e Alberto Asensio,  proclamaríase campións de España nunha carreira que domiñaron dende practicamete o primeiro metro.

Resultados Campionato de Relevos 

Resultados Campionato Máster campo a través

Compartir: