Traballo intenso o que están a manter nestes días os responsables e axudantes técnicos do sector de fondo no tocante a composición das distintas seleccións que tomarán parte nos seus inminentes compromisos. Si fai escasas horas anunciábamos o combinado galego que tomará parte no nacional do CSD de Pamplona, no mesmo día de hoxe facíase oficial a lista de seleccioadas e seleccioados que acudirán á cita máis importante do ano a nivel nacional como é o CII Campionato de España de Federacións Autonómicas Absoluto, Sub23 e Sub20 a disputar en Zaragoza o vindeiro día 8 de marzo.
A esta cita acuden un total de 39 atletas entre os que destaca a selección dos internacionais Adrián Ben e de Tariku Novales no equipo Sub23 onde lembremos que xa o ano ano pasado ocuparían os dous primeiros postos do podio no individual, dando a Galicia por Seleccións o subcampionato de España.
Outro dos atletas importantes será El Mehdi El Nabaoui do A.Narón quen compite por vez primeira nesta categoría Sub20 e onde ven de impoñerse recentemente no nacional de clubs disputado en Soria.
No resto de categorías contamos ca presenza dos actuáis campións de Galicia absolutos Alex Fernández do Ourense Atletismo e Marta Casanova do ADAS Proinor, quenes estarán acompañados ó fronte do equipo senior polo resto de medallistas da cita naronesa, Manuel Hurtado da Gimnástica e Alejo Ares do Real Club Celta así como por Angela González do Marathon e Leticia Fernández do Valencia
A selección Sub23 terá na lucense Laura Santos do Lucus CRG á líder do combinado ó igual que a internacional Lucía Sicre do Ria Ferrol no Sub20.
A priori todo parece indicar que será novamente a categoría Sub23 masculina a que conte con máis opcións de podio, sendo o obxectivo para o resto dos demáis equipos, mellorar as posicións logradas o ano pasado en Cáceres.
Foto de portada: fotocarlosgrafias