Ourense acollería unha fantástica cita atlética correspondente ó Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta onde se poideron presenciar probas moi emocioantes e de ggran calidade.
Para comezar a velocidade tería en Nerea Iglesias de Fontes do Sar a protagonista da especialidade logo de lograr impoñerse nos 60 m. con 7.80 e ser prata nos 200 m. con 25.60, título este último que recaería en Claudia Torres da Gimnástica co mesmo rexistro e quen pola súa banda, sería bronce nos 60 m.
Na categoría masculina Javi García do Lugo Runing foi o dominador da velocidade curta de maneira incontestable cun excelente crono de 6.88 e onde o internacional Mauro Triana do Playas de Castellón impuxo a súa calidade nos 200 m. marcando un rexistro oficial de 21.85
Eugenia Gil da Gimnástica baixaría dos 58 segundos por 10 centésimas nos 400 m. e Pedro Juncal do Celta na mesma proba, protagonizaría un fermoso duelo con David de la Fuente da Gimnástica na que ambos marcarían uns excelentes cronos de de 48.77 e 48.94 respectivamente.
Xa no medio fondo e fondo novamente David de la Fuente tomaría parte nos 800 m. onde logrou a victoria con 1:53.58 saltando a sorpresa nos 800 m. femininos cunha sensacional carreira de María Carballido do Atletismo Friol quen gañaría a partida con 2:15.59 a Leticia Fernández, atleta esta última quen se imporía nos 1.500 m.
Nos 3000 m. título para Alex Fernández do Ourense Atletismo, entrando por diante de Alejo Ares do Celta nunha carreira que serviría ó local como test preparatorio para o campionato nacional. Nas mulleres saltaba unha nova surpresa co triunfo da sandense Karina Callón con 10:47.68 que lograba sumar un importante metal para o equipo das Mariñas
Nos valos sigue o “monopolio” lucense cun novo título para Miguel Pérez do Lucus CRG con 8.34 polos 8.89 de Lucía Ferrer da Gimnástica na categoría feminina
No que atinxe ós saltos Raul Cortizo da Gimnástica lograba o título galego en altura con 1.91 m. e a prata na lonxitude, proba esta última gañada con 7.67 m. polo olímpico Jean Marie Okutu quen tan só efectuaría un salto, pensando xa na cita nacional. Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense faríse co ouro nun bo concurso de altura onde chegou ata os 1.65 m. e onde de igual modo estaría na loita polo título da lonxitude, malia que tería que ceder ante Eva Queimaño do A.F. Celta quen saltaría ata os 5.55 m.
No triplo salto Alex Barreiro do Lugo Running chegaba ós 14.38 m. no seu cuarto salto tendo que agardar Alba Cuns do Atletiso Negreira ata o sexto para arrebatarlle o Diauo Diallo do Ría Ferrol o título galego con 11.96 m. A de Negreira tería enerxía ainda para lograr o bronce na lonxitude con 5.20 m.
Santi Ferrer da Gimnástica con 4.42 m. e Bea Viteri do A.F Celta con 3.47 m. non daban a máis mínina posibilidade ó resto de saltadores/as facéndose ca primeira posición do concurso. Salientar que con este novo título, a saltadora ourensá do Celta, acada o seu décimo sétimo título galego absoluto.
Por último, a nosa mundialista Belén Toimil e ca mente posta no próximo fin de semana, tan só lograba colocar dous lanzamentos válidos, ó mellor dos cales chegaba ata os 15.73 m. Nos homes Victor Gallego sigue facendo medrar a súa lenda que o converten no atleta con máis títulos galegos da historia. Hoxe, un novo ouro logo de lanzar e mostrarse intratable con 15.57 m.
Noutro orden de cousas a marca líder de productos cárnicos galega, e patrocinador da Federación Galega de Atletismo, Torre de Núñez, obsequiou con doce lotes de productos ós distintos campións e campioais autonómicos/as da presente edición.
Na foto, podio do peso con Victor Gallego