Esta fin de semana os nosos e nosas atletas estarán espallados compitindo en varios campionatos de España que acontecerán en Castellón, Soria, Sevilla e na localidade aragonesa de Zuera
Precisamente será na localidade zaragozana de Zuera e na levantina de Castellón onde se desenvolvan tanto o Campionato de España de lanzamentos longos de inverno máster como o nacional de lanzamentos longos de menores respectivamente.
Ó primeiro deles acude Javier Guzmán, quen ficharía este ano polo Atletismo Santiago e quen toma parte no concurso de disco na M40 onde parte como claro favorito na súa categoría. Outro dos que tamén acudirá ó master será o presidente de A Silva Pepe Domínguez quen lanzará na M45 a xavelina na procura de acadar un bo rexistro.
Moita máis presenza contaremos no nacional de menores de Castellón onde lanzarán boa parte das nosas novas e novos talentos do sector entre os que se atopan:
Categoria Feminina
- Disco Sub16. Laura Rico do Ría Ferrol con 35.82 m. ( 3ª mellor marca das inscritas)
- Disco Sub18. Paula Piñón do A.F.Celta con 37.84 m. (4ª m.m.) e Victoria Eiriz da Atlética Lucense con 36.76 ( 7ª m.m.)
- Martelo Sub16. Blanca Pereira do Ourense A. con 46.36 (1ª m.m.)
- Matelo Sub18. Marta Neira do AVA con 53.35 (3ª m.m)
- Martelo Sub20. Irene Gómez do Valencia A. 58.45 (1º m.m.) e Patricia Correa do A.F. Celta con 50.32 (5ª m.m.)
- Xavelina Sub16. Laura Rico do Ría Ferrol con 35.85 m. ( 2ª m.m.)
- Xavelina Sub18. Antía Sestelo do Ría Ferrol con 47.74 (2ª m.m); María Pena da Atlética A Silva con 45.19 (3ª m.m) e Paula Piñón do A.F. Celta con 42.48 m. (4ª m.m.)
Categoria masculina
- Disco Sub18. Nicolás Ortega do Coruña Comarca con 45.17 (4ª mellor marca dos inscritos)
- Disco Sub20. Nicolás García do C.A. Gandía con 60.16 m. (2ª m.m.) e Marcos Bouza do R.C.Celta con 46.67 (7ª m.m.)
- Martelo Sub16. Bran Núñez (At. Morrazo) 44.31 (5ª m.m.)
- Martelo Sub18. Eric Méndez do R.C.Celta con 61.56 (3ª m.m.)
- Martelo Sub20. Yago Araujo do R.C.Celta con 65.41 (2ª m.m.)
- Xavelina Sub16 . Daniel Loureiro da Atlética A Silva 49.06 (4ª m.m)
- Xavelina Sub18. Daniel Mato do C.A.Santiago con 55.76 (5ª m.m.)
- Xavelina Sub20. Jonatas Pereira do R.C.Celta con 56.80 (6ª m.m.)
Importante presenza de clubs galegos no Nacional de Campo a través
Abandonamos os lanzamentos para viaxar ata Soria, xa que un importante número de clubs galegos tomará parte no Campionato de España de Campo a través por clubes onde estarán presentes:
- Sub 16 Mulleres: Atlética Lucense, Ourense Atletismo e San Miguel de Marín,
- Sub16 Homes: Franciscanos de Lugo, Ourense Atletismo e Ría Ferrol
- Sub20 Homes: Club Atletismo Santiago e Atletismo Narón
- Sub18 Mulleres: Atlética Lucense
- Sub18 Homes: Atlética Lucense e Real Club Celta
- Senior Mulleres: ADAS Proinor
- Senior Homes: Sociedad Gimnástica de Pontevedra
- Relevo Mixto: ADAS Proinor
Presenza de cinco galegos no nacional de maratón
Para rametar, a última cita nacional terá lugar en Sevilla onde un total de cinco galegos tomarán a saída o domingo no Campionato de España de Maraton absoluto as 08.30 horas da mañá.
Os inscritos galegos que viaxan ata a capital hispalense son: Pablo Miguel García, Daniel Pérez e Rubén Pereira do Club Fisioterapia San Lázaro; Pablo Carrera do Cárnicas Serrano e Alejandro Diego do A. Narón