Novo fin de semana de interesantes campionatos e competicións no que tanto os autonomómicos de campo a través dos XOGADE como os autonómicos de lanzamentos longos Absolutos, Sub23 e Sub20 serán quenes acaparen á máxima atención.
Pontevedra acolle o sábado a partir das 10.15 horas, a cita dos lanzamentos longos onde tomarán parte un total de 25 homes e 32 mulleres. Nesta relación destaca a participación masculina de destacados lanzadores Sub20 e Sub23 entre os que se atopan Iago Araujo e Jonatas Pereira do Real Club Celta quenes tomarán parte tanto en martelo como en xavelina respectivamente. O internacional Nicolás García no C.A. Gandía neste ano, lanzará o disco por vez primeira neste tempada.
Na categoría feminina e continuando cos Sub20 e Sub23 será a plusmarquista galega e atleta internacional Irene Gómez do Valencia A. quen se encargue de poñer a calidade nun concurso de martelo onde nos ten acostumados a grandes rexistros. Xunto ela a céltica Patricia Correa será outra das atletas quen estará lanzando nesa mesma especialidade. A líder do ranking nacional Sub23 de xavelina e internacional Ivannan Carolina Román, estará tamén lanzando nas pistas do CGTD xunto á outra das importantes lanzadoras internacionáis nestes intres, a ximnástica Andrea González.
Uxía Surada do LUCUS C.R.G. en xavelina, Adriana Regueira do ADAS Proinor en martelo e Marcos Bouza do Real Club Celta en disco, serán outras das atletas a quenes se lles prestará especial atención
No que atinxe ós absolutos do martelo, e ante a ausencia de Carlos Revuelta e Isaac Vicente, conteremos co concurso do Campión do mundo máster 2018 Nacho Fernández, quen estará lanzando nun interesante duelo xunto a Sergio Paredes da Gimnástica. Victor Gallego tomará parte en disco, ó mesmo que a subcampioa nacional de xavelina Carmen Sánchez do Unicaja Jaén quen escolle este campionato para inaugurar a tempada.
Outros lanzadores importantes que tomarán parte na cita galega serán Jonathan Correa en xavelina ou Paula Piñón en disco, entre outros
Campionato de Galicia de Campo a Través XOGADE
Por outra banda as fases dos XOGADE chegan a última cita autonómica ca disputa do Campionato de Galicia de Campo a Través, onde preto de 300 nenos e nenas tomarán parte no concello pontevedrés de Portas desta importante cita do calendario a desenvolverse no circuito de Azucarerira de Portas
O campionato aberto as categorías Sub10, Sub12 e Sub14, dará comezo as 11.00 horas para rematar sobre as 12.45 ca saída dos Sub10 momento no cal daranse a coñecer os gañadores e gañadoras tanto na categoría individual como por equipos deste edición que tamén é clasificatoria para o Campionato de España que este ano viaxará a terras pamplonesas o 15 de marzo.