Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra e Roberto Vieiro do C.A. Santiago, proclamaronse campións de Galicia absolutos no XXXII Campionato de Galicia de marcha en ruta que se desenvolveo onte sábado no Concello de Marín e no que se gardaría antes de dar comezo, un minuto de silenzo en memoria Mario Barreiro impulsor do altetismo na comarca de Marín
Non houbo surpresas nos podios absolutos
A internacional feminina acadaría un rexistro de 47:08 que supón un novo récord galego Sub23 e que confirman o bo comezo da tempada da marchadora. Xunto ela no caixón estarían Carmen Escaríz con 49:27 e Iria Rivas do RIA Ferrol con 53:32
Na categoría masculina Roberto Vieiro revalidaría o seu títitulo autonómico cun rexistro de 44:24 que supuñen unha MMP. Iván Morales do Marineda con 44:30 proclamaríase subcampión de Galicia establecendo un novo récord galego máster 40. O céltico Jose Fernández con 46:28 pecharía os postos de honra.
Como dato importante salientar que preto dun 50% dos participantes mellorarían os seus rexistros persoais o que da mostras das condicións ideais dun circuto chairo, recto e con xiros amplos a nivel de mar que sería do agrado de todos os/as que tomaron parte
Gañadoras/es 2020
- Absoluta Antía Chamosa (S.G.Pontevedra) con 47:08 e Roberto Vieiro (C.A.Santiago) 44:24
- Sub23 Antía Chamosa (S.G.Pontevedra) con 47:08
- Sub20 Iria Rivas (RIA Ferrol) con 53:32 e Roberto Vieiro (C.A.Santiago) 44:24
- Sub16 Aldara Merlán (EAL) con 26:09 e Brais Suárez 24:27
- Sub14 Claudia Safuentes (A.F.Celta) con 16:27 e Andrés González (R.C.Celta) con 16:12
- Sub12 Sabela Castelo (Vila de Cangas) con 10:01 e Tomás Bautista (A.Porriño) con 10:57
- Sub10 Zaira Pousada (Arousa) con 7:08 e José Veiga (Cuntis) con 6:37
- Máster 35 José Fernández Nives (R.C.Celta ) con 46:28
- Máster 40 Emilia Rodríguez (Trega) con 59:11 e Juan Morales (Marineda) con 44:30