Resultados

A praia de Cabio agarda ós/ás Máster

Continuando esta fin de semana ca axenda de campionatos, o Concello de A Pobra do Caramiñal preparase para recibir este domingo ás/ós máster na disputa do seu autonómico de campo a través.

Ata alí achegaranse preto de 300 atletas procedentes de todas as Delegacións que tomarán a saída a partir das 11.30 horas do Circuito da Praia de Cabio, sobre cada unha das distintas categorías correspondentes e que van dende maiores de 35 ata os maiores de 70

Entre as/os inscritas/os contamos cas/os gañadoras/es do ano pasado, Juan Gude do LUCUS e Ana María Alonso do Beade na máster 40; Inés Papín do C.A. Sada na máster 45; Samuel José Veiga e Xosé Lois Otero do Universidad de Santiago na máster 50 e 65 respectivamente; José Fernando Sáinz do C.A.Sar na máster 70 e por último a do incombustible Antonio Cabana do Egobarros que ben ca intención de defender o título logrado o ano pasado e que ademáis o convirten no participante con máis idade de todos cantos saltarán ó circuito.

Ana Abuin, José Canda, Jose Antonio Abuin, Elena Miguéns, Xabier Díaz, José Luis Bouza, Nemesio Gutiérrez e Domingo Alvarez, serán atletas ós que haberá que ter moi en conta de cara a clasificación individual nas súas respectivas categorías

A maiores a presenza da internaciona premiada en multitude de campionatos Soledad Castro do Comesaña, dará máis calidade e emoción a esta importante cita

Compartir: