A C21 aspira a consolidarse entre as mellores do calendario nacional

María Pita foi hoxe o escenario da presentación dunha nova edición do Medio Maratón Coruña 21, que percorrerá a cidade o 16 de febreiro a partir das 10.00 horas, con saída do Obelisco.

A C21, organizada pola  Federación Galega de Atletismo e o Concello da Coruña, presenta a súa cara máis ecolóxica e sustentable. As/os deportistas lucirán dorsais elaborados con papel reciclado e nas zonas de avituallamento utilizaranse bolsas biodegradables, Ademais, todas/os os atletas que cheguen á meta recibirán unha medalla finisher de madeira. A organización tamén designará xuízas e xuíces específicos que velarán pola xestión correcta dos residuos por parte das persoas participantes e realizarán enquisas para coñecer o medio de transporte que utilizaron para desprazarse á carreira.

O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o delegado da Federación Galega na Coruña, Diego Paz, así como representantes de Coca Cola e El Corte Inglés, patrocinadores da proba.

A carreira, que se disputará por un circuíto totalmente urbano, comezará ás 10.00 horas e contará co cartel de importantes atletas fricanos entre os que se atopan Edwin Kipruto (1h.02), Vestus Cheboi (1h.03), Hosea Kiplimo (1h.03), Samir Ait (1h.03), Bekele Jima (1h.03) DedaraAduguma (1h.17) e Abebaw Bayeh ( 1h.04) Mónica Gutiérrez (1h.10) e Adawork Aberta (1h.09).

A inscrición a través da pasarela de pago inserida na web www.carreirasgalegas.com  poderá realizarse ata o día 2 de febreiro, cun custo de 15 euros. O segundo prazo extraordinario será desde o día 3 ata o domingo 9 de febreiro, cunha tarifa de 25 euros.

Guía Media Maratón C21

 

Compartir: