Esta fin de semana, e como xa fixera na edición do ano pasado, o Concello de A Rúa dará acollida unha intensa xornada de campo a través ca disputa do Memorial Alejandro Lorenzo, o Campionato de Galicia Sub16 e Sub18 e o Campionato de relevos mixto, que contará ca presenza de máis dun milleiro de asistentes entre atletas e afeccioados/as.
Campionato de Galicia Sub18 e Sub16
Na categoría Sub18, un dos principais favoritos para o título será o céltico Hugo García quen o ano pasado acadaría o segundo lugar tras El Medih El Nabaoui que este ano xa é Sub20. Con el presumiblemente estarán na loita polos postos de podio os atletas da Atlética Lucense Iker González e Carlos López así como Pedro Vázquez do Celta. Na categoría feminina, será Carla Guisande do Beade a encargada de defender o título acadado o ano pasado neste mesmo circuito e onde terá como principal rival a súa compañeira de club, Aldara Fonseca.
Na categoría Sub16, Laura Carracedo da Estrada aparece en todos os pronósticos para postos de podio ó igual que as atletas da Atlética Lucense, Xela Martínez e Sara Guedes que convirten ó equipo lucense nun serio aspirante ó título por equipos. Xunto elas, Anxela Seoane do Ourense Atletismo será outra competidora a ter presente. Nos homes serán Hector Rodríguez do C.D.Aurium, Teshome Hermida do Franciscanos e Cosme Viaña da Atlética Lucense quenes poderían estar a encabezar esa clasificación xeral no individual.
Memorial Alejandro Lorenzo
O clásico das categorías menores de campo a Través como é o Alejandro Lorenzo, dará comezo as 10.30 horas abrindo a programación competitiva que deixará presenciar a posta en acción de preto de 425 atletas achegados de toda a nosa comunidade.
Estaremos moi atentos as evolucións da categoría Sub14 onde Damián Suárez do C.N.Cedeira, Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e Alex Sierpes do Trega, garantizarán unha fermosa e disputada proba. Pola súa banda, na categoría feminina as atletas do Ateltismo Noia, Ainara Fernández e Caterina Vázquez xunto a Maialen Fernández do Vila de Cangas darán tamén moita emoción a unha proba moi aberta.
Na categoría Sub 12 e con 140 atletas sobre o circuito, centraremos o seguimento nos atletas Hugo Collazo do Vila de Cangas, Juan Loureiro de A Silva e Mateo Valcarce do ADAS Proinor así como en Sabela Castelo do Vila de Cangas, Carmen Paz do Noia e Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá.
Por último e pechando este Memorial, tomarán a saída preto de 90 nenos e nenas na categoría Sub10 con José Hervella do ADAS Proinor e a noiense Carmen Paz, como uns dos aspirantes á victoria.
Relevos Mixto
Como colofón, poderemos ver ás 13.45 horas a saída dos trece equipos que toman parte na II edición do Campionato de Relevos Mixto. Nesta proba o conxunto local do ADAS Proinor acude cun potente equipo formado por Marta Casanova, Ivan Roade, Sandra Mosquera e Luis Pérez, aspirando a reter o título logrado o ano pasado e onde tanto Gimnástica de Pontevedra como LUCUS Caixa Rural Galega intentarán mellorar os posto de podio obtidos.